CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL EN GALEGO

 

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Departamento de Electricidade e Electrónica estamos a organizar un concurso de Tarxetas de Felicitación do Nadal.

Para participar hai que deseñar unha tarxeta e enviala ao correo: linguagalega.ferrolterra@gmail.com en formato pdf antes do 19 de decembro de 2022.

O deseño da tarxeta é libre, podedes empregar as novas tecnoloxías, realizala en formato dixital, ou con diversos materiais (madeira, metal, etc)... o único requisito é que a mensaxe de felicitación estea escrita en galego!

Animádevos a participar!

Os premios serán:

1º: 100 €

2º: 50 €

3º: 25 €

AdxuntoTamaño
BASES CONCURSO TARXETAS NADAL EN GALEGO.pdf216.53 KB