OBRADOIROS DE VIABILIDADE/TENDENCIAS ALUMNADO 2º CICLOS FP

 

Obradoiros de Viabilidade/Tendencias 

O luns 10 de xaneiro darán comezo os obradoiros de viabilidade para os proxectos de empresa que o alumnado de 2º curso de ciclos formativos está realizando no módulo de EIE.

Estes obradoiros realizaranse ao longo de toda a semana na Aula de emprendemento e nas horas do módulo de EIE.

Os Obradoiros serán impartidos pola Fundación Ronsel.

Esta actividade é promovida pola Coordinación de emprendemento e financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea NextGeneration-EU.

#CIFP Ferrolterra; #FPGalicia