PROGRAMA EXPLORER UDC

 

 

PROGRAMA EXPLORER UDC

Queres emprender e adquirir as habilidades transversais? 

Se tes entre 18 e 31 anos e ganas de xerar un impacto positivo no mundo, inscríbete en Explorerbyx.org antes do 9 de decembro. 

O programa Explorer axúdache a experimentar o emprendemento como opción profesional. Traballarás sobre a túa idea transformándoa nunha solución que contribúa a lograr os ODS 2030, cun enfoque práctico e baseado en dinámicas de aprendizaxe social. 

•Lugar: UDC A Coruña Space e UDC Ferrol Space  

•Duración: 12 semanas (do 24 de xaneiro ao 24 de abril de 2022) 

•Prezo: gratis 

•Participación: só/a ou en equipo (máximo 5 persoas) 

•Metodoloxía: learning by doing (sesións presenciais ou virtuais e espazo en liña de traballo social e colaborativo). 

•Titorización: cada proxecto será guiado e acompañado por un/unha coordinador/a e un xcout (mentor/a). 

•Beneficios: 

o Certificado de participación para os proxectos que completen as actividades do programa. 

o Explorer Trip: viaxe dunha semana de duración no verán de 2022 á European Innovation Academy de Oporto, Portugal. 

o Validación da idea coa que aplicahes ao programa. 

o Comunidade: acceso a unha comunidade global de mozos innovadores con máis de 1.000 participantes en cada edición e a incorporación de Explorer Spaces latinoamericanos e europeos. 

Participa e apúntate co teu proxecto. Prazas limitadas.  

Máis información e inscrición:

UDC A Coruña Space - UDC Ferrol Space

EMPREGO UDC- emprego.vepem@udc.es