Departamento I.O.P.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Que función ten?

  • Informar sobres as diferentes opcións académicas e profesionais ao noso alumnado ou a calquera outra persona.
  • Colaborar na información e orientación aos participantes no proceso de acreditación de competencias.
  • Organizar actividades, charlas, sesións informativas conducentes a mellorar o coñecemento das oportunidades laboráis e formativas.
  • Fomentar o emprendemento. Servizo de emprendemento.
  • Difundir a bolsa de emprego, establecendo medios para que as ofertas de emprego sexan coñecidas polo noso alumnado.Servizo da Bolsa de emprego.
  • Difundir os servizos do Departamento de FOL. Servizo de orientación laboral
  • Realizar estudos de inserción laboral e de mecado laboral.
  • Colaborar cos titores e co resto do profesorado na detección de problemas de aprendizaxe.

 

Quen forma parte del?

O departamento de Información e orientación profesional o forman a orientadora, o coordinador de emprendemento, un profesor de FOL e un profesor representante de cada familia profesional.

 

Quen pode solicitar información e ou orientación?

Todo o alumnado do centro e as persoas alleas interesadas na información e ou orientación profesional

 

En que horario se pode acudir?

       Preferentemente con cita previa, solicitada a través do correo do DIOP ou a través do teléfono do centro.

            De luns a venres (a excepción do mércores): de 11:00 a 13:00.

            Mércores: de 18:00 a 20:00.

 

Contacto:

Email: orientacion.cifp.ferrolterra@edu.xunta.es/gal

Tfno: 981 33 31 07

Enderezo: Rúa Ramón y Cajal s/n- 15402 Ferrol- A Coruña

Web: CIFP Ferrolterra | Vén a estudar con nós (xunta.gal)

 

Carta de servizos específica do procedemento para o recoñecemento, a avaliación, a acreditación e a certificación da competencia profesional.

  • Dentro do procedemento para o recoñecemento,a avaliación, a acreditación e a certificación da competencia profesional , o Departamento de Información e Orientación Profesional ten como funcións:
  • Informar e orientar a calquera persoa interesada sobre as posibilidades de adquisición, avaliación e acreditación de competencias e cualificacións requiridas no mundo laboral e o progreso nelas ao longo da vida .
  • Facilitar que as persoas poidan tomar unha decisión fundamentada sobre a súa participación no procedemento así, como no seu caso o acompañamento necesario no inicio e desenvolvemento do mesmo.
  • Axudar aos candidatos/as ao rentabilizar os seus resultados tras o procedemento, valorando as alternativas de que dispón e a utilizar as ofertas formativas no marco da aprendizaxe ao longo da vida.
  • Máis información:

           Xunta de Galicia:

Web: http://www.edu.xunta.es/fp/acreditacion

Teléfono: 981544400