Sistema de desprazamento autónomo para persoas con mobilidade reducida

 
 
 
Familias profesionais:
  • Electricidade e electrónica
  • Fabricación mecánica
  • Informática e comunicacións
Centro educativo coordinador:
  • CIFP Ferrolterra

Centros colaboradores:

  • CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro
 
Obxectivos:
  • Desenvolver un sistema de desprazamento autónomo que facilite a integración das persoas con diversidade funcional
  • Facilitar o desprazamento en áreas comercias e a realización de compras ás persoas con mobilidade reducida
  • Elaborar unha aplicación para dispositivos móbiles que permita a consulta da dispoñibilidade do vehículo e a súa reserva
Síntese do proxecto:

Deseño e fabricación dun sistema de desprazamento autónomo para uso en áreas comerciais e dunha aplicación para consultar a dispoñibilidade e reserva, a través de dispositivos móbiles. Permite transportar de pé persoas con mobilidade reducida ou transportar as persoas en cadeiras de rodas, e dispón dunha bandexa para depositar a compra realizada no espazo comercial.