Admisión FP Dual

 

Prazos de presentación de solicitudes Desde o día 22 de xuño ata ás 13:00 horas do día 30 de xuño de 2017.  

Documentación

A solicitude de admisión, anexo I, deberá ir acompañada da seguinte documentación:

a) Copia do DNI ou NIE

b) No caso de non ter realizado os estudos ou as probas de acceso no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, certificación académica na que conste o expediente académico e o depósito do título, de ser o caso, ou o certificado da superación da proba de acceso ao ciclo formativo ou da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

c) Currículo co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo https://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/curriculum-vitae.  

Máis información: http://www.edu.xunta.es/fp/orde-13-xuno-2017-pola-que-se-autorizan-proxectos-experimentais-fp-dual

<<Instrucións>>

<<Anexo I galego>>

<<Anexo I castelán>>

<<Baremo>>

 Listaxe Provisional de Solicitudes: http://www.edu.xunta.es/fp/fp-dual-listaxes-provisionais-solicitudes-2017-2018