Manuel María Fernández Teixeiro, un lugués comprometido
" Nunca che rindas, ti sempre podes"; " Renunciar ao idioma e ser mudo e morrer". Estas frases de Manuel María que tan ben o retratan, amosan unha imaxe do que él era, unha figura que aos seus 20 anos xa traballaba na promoción da revista Xistral na que aparecian publicados algúns dos seus versos.
LIBRO COLECTIVO DE HOMENAXE © CARTEL PROMOCIONAL: José Estévez López
Galiza
Galicia docemente
está ollando o mar:
¡ten vales e montanas
e terras para labrar!
Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
¡cargados de traballo
cargados de trafegos!
Galiza é unha nai
velliña, soñadora:
¡na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!
Galiza é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
¡Pro hai outra Galiza
que vai no sentimento!
Galiza somos nós:
a xente e mais a fala
¡Si buscas a Galiza