Recuncho N.2

Pois aquí tedes a segunda entrega do recuncho.

 

Se sodes usuarios de FIREFOX, pero de cando en vez necesitades usar EXPLORER, con este complemento non será necesario saír do voso navegador para usar IE. Trátase dun complemento para FIREFOX chamado IE Tab que podedes descargar de aquí, ou ben dende o propio FIREFOX en: Herrameintas\Complementos. No cadro de busca poñedes ietab e listo.
Unha vez teñades instalado o complemento, ao abrir unha nova pestana e facendo click co botón dereito sobre a pestana, eliximos cambiar motor (E) e visualizaremos as páxinas co motor de IE. Para volver usar o motor de FIREFOX repetimos a operación. Outra forma é ir a: Herramientas\Opciones de IE Tab e aquí engadimos aquelas páxinas que queremos visualizar co motor de IE.
Podemos usar XADE con FIREFOX (ollo dá un aviso ao entrar, de que o navegador non vale e todo iso, pero funciona).
Se necesitades renovar o DNI pero non tedes fotos tamaño carné, pois non pasa nada,... baixamos o programita IDPhotoStudio, indicámoslle de qué país é o documento identificativo a renovar, número de copias, cargamos a imaxe e a imprimir. Non teremos ningún problema co tamaño das fotos.
Podédelo descargar de multitude de sitios, usade San Google.
Queremos crear unha icona cunha imaxe que nos gusta, pois a nosa utilidade se chama SimplyIcon. Arrastrades a imaxe sobre a zona branca e o programita xéravos un arquivo con extensión ICO, que podedes usar como icona. Non necesita instalación e como no caso anterior usade Google.
Preséntovos unha páxina WEB chea de software FREE chámase www.cdlibre.org. Se picamos en catálogo, teremos un montón de software clasificado por temas. Ao entrar nun tema veremos os idiomas nos que está dispoñible o software.
Por último, preséntovos un PLUG-IN para que poidades abrir e modificar documentos con extensión ODF (OpenOffice) dende Office (WORD, EXCEL, POWERPOINT). Chámase ODF Add-in para Microsoft Office.
Podédelo descargar dende a páxina www.cdlibre.org , picamos en catálogo e imos a Ofimática\MS Office.
Parece que Microsoft vai implementar a extensión ODF de forma nativa na versión 2010 de Office (posiblemente finais de xuño de 2010), co que o manexo deste tipo de arquivos vai ser moito máis transparente.