Recuncho N.1

Nesta primeira entrega quérovos falar de dúas WEB, e de dúas utilidades de software.

As dúas WEB estándedicadas a composicións fotográficas. se queredes unha fotocomposición de xeito rápido e sinxelo, entrades nalgunha destas WEB, elixides a composición, subides a fotografía que queirades, xerades a fotocomposición e listo.

Se queredes ser portada do National Geographic, non tedes máis que usar estas WEB.

www.photofunia.com

www.pixiz.com

Este software esta dedicado tamén a fotocomposición. En concreto vainos permitir facer Collage, coa forma que desexemos dun xeito rápido e sinxelo.

Podédelo descargar de:

www.photofunia.com

Chámase Shape Collage 2.5

Seguro que algunha vez tedes desexado acceder ao voso ordenador de xeito remoto, é dicir, non estando físicamente diante do ordenador. Existen moitas solucións que nos permiten facer isto, pero ningunha tan sinxela como o software que presentamos. Simplemente executades o software na máquina a controlar, esta xera un ID e un contrasinal. Executamos o software na máquina que imos usar para controlar a primeira, introducimos o ID e o contrasinal xerados, e "voilà".

Chámase Teamviewer

podédelo descargar de:

www.teamviewer.com/es