Homenaxe a Rosalía de Castro

O día 22 de febreiro de 2013, tivo lugar no salón de actos do noso instituto un recital en homenaxe a Rosalía de Castro. Léronse seis poemas da autora: "Adiós ríos, adiós fontes..." "Nasín cando as prantas nasen", "Airiños, airiños, aires...", "Campanas de Bastabales", "Quíxente tanto meniña" e "Un repoludo gaiteiro".

Carmen Abelleira Pereira,  profesora coordinadora do Equipo de Dinamización Lingüística fixo unha breve introdución sobre a obra de Rosalía e aclarou o feito de que en 2013 se celebra  o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos.
Os alumnos da ESO recitaron os poemas e a continuación escoitáronse algúns dos versos de Rosalía coa voz e a música de Amancio Prada.

Prema nas imaxes para amplialas