Madrid, 26 de outubro de 2012: Premio nacional para o instituto As Mercedes
O noso IES recibiu en Madrid o primeiro premio da competición de eficiencia enerxética, convocado por Schneider Electric e a Dirección Xeral de Formación Profesional do Ministerio de Educación, de mans de Enrique Valer, Country President da Zona Ibérica e Senior Vice President de Sudamérica de Schneider Electric, nun acto celebrado na feira Matelec.
Á recepción do premio, outorgado en abril e que tivo unha gran presenza na rede, asistiron os alumnos galardoados acompañados dos profesores coordinadores Victor Paz e Alberto Pereira xunto co director, a xefa de estudos e a conserxe Belén Díaz Parga, que tamén colaborou no proxecto.
FOTOS DO ACTO:
Prema nas imaxes para amplialas | ||||||
Nota de prensa de Schneider Electric. | Ver artigo da concesión do premio. Abril 2012. |