O IES As Mercedes gaña a 1ª Competición de Eficiencia Enerxética na Formación Profesional


O noso IES  acaba de gañar o primeiro premio, a nivel nacional, na competición de Eficiencia Enerxética,  convocada por Schneider Electric e a Dirección Xeral de Formación Profesional, do Ministerio de Educación. O instituto  levou este galardón cun traballo sobre a eficiencia enerxética no noso centro, co que conseguiu ser finalista no concurso xunto co instituto Antonio José Cavanelles, de Alicante, a cooperativa de ensino José Ramón Otero de Madrid, e o Instituto Cidade Xardín de Badajoz.
O traballo premiado foi realizado polo alumnado do segundo curso do ciclo  Superior de Eficiencia Enerxética e Enerxía Solar Térmica, coordinados polos profesores Victor Paz e Alberto Pereira. O premio consiste en material valorado en 15.000 euros e un lector electrónico para cada alumno. Ademais aplicarase o proxecto no centro.