Recuncho N.5 Actividades Edilim

Esta entrega do Recuncho está dedicada integramente a Edilim.

Imos utilizar o servizo de Dropbox. Se 2 Gb non son suficientes,  recoméndovos un servizo similar e con 5 Gb de almacenamento. Chámase HiDrive.

Sen máis dilación imos propoñer 4 videos.

 Seguridade.swf 

Neste video trátase de dar unha solución a un problema que xorde en Edilim. Cando temos unha actividade acabada e esta contén enlaces a páxinas web, é posible que cando a probamos no noso ordenador, o sistema de seguridade de Flash non nos resolve ben as ligazóns. Abondará con cambiar os permisos Flash da carpeta onde temos a nosa actividade para solucionar este pequeno problema.

 CMS_Drupal.swf 

Neste segundo video móstrase como subir unha actividade Edilim a un CMS (utilizaremos neste caso a web dinámica do centro). Aloxaremos a nosa actividade en Dropbox por comodidade.

 Blogger.swf O terceiro video trata de facer o mesmo que no caso anterior, pero subindo a actividade a un Blog. Neste caso usaremos o servizo de Blogger, por ser un dos máis utilizados.
 Repositorio.swf Por último subiremos unha actividade Edilim ao repositorio de recursos do noso centro.
 Lim_en_blog.txt Arquivo TXT, que contén a etiqueta IFRAME e o enlace para o sistema de seguridade de Flash.