Recuncho N.4 Rede privada virtual

Ao finalizar o curso pasado o Obardoiro Abalar, falaramos de pasada dunha aplicación que ten moita utilidade, trátase de Logmein de Hamachi. Esta aplicación serve para crear unha rede privada virtual (VPN).

 A continuación colgamos un mini manual de utilización de Logmein, tamén colgamos tres video titoriais sobre a utilización do servidor de recursos.

Recórdovos que para utilizar o servidor de recursos, hai que teclear en calquera navegador o seguinte enderezo:

 http://69.53.150.250/recursos

 Por último colgamos un... un..., ben unha "cousa", tiñámolo por aí e colgámolo.

 Cliquear os nomes de arquivo para abrilos.

 

Logmein.pdf

Trátase dunha pequena aplicación que nos vai permitir compartir recursos de diferentes ordenadores. Supoñamos unha carpeta compartida dun ordenador de casa e outra dun ordenador do cole. Logmein vainos permitir acceder a estas carpetas nos outros ordenadores, co que os arquivos da carpeta do ordenador de casa van ser accesibles dende o cole e viceversa. En definitiva trátase de crear unha rede privada virtual (VPN)

Anonimous.swf

Trátase dun video titorial sobre, como utilizar o servidor de recursos por parte de usuarios anónimos, é dicir alumnos e profesores que non entran na aplicación.

Privado.swf

Trátase dun video titorial sobre, como subir recursos ao servidor de recursos que sexan accesibles só para os profesores que os subiran ao servidor.

Público.swf

Trátase dun video titorial sobre, como subir recurso ao servidor que sexan accesibles por parte de calquera usuario do servidor de recursos.

Manual servidor.pdf

Manual sobre o servidor de recursos elaborado pola Xunta.

Quiz.swf

Quiz en formato flash e polo tanto insertable en calquera navegador, diapositiva, CMS ou LMS.