IMOS AO COLE DE BAÑO Á PRESENTACIÓN DUN LIBRO!!!!

        

Este venres 21 de novembro, os/as alumnos/as de 4º curso e a súa mestra acudiran á presentación dun libro no que colaborou o noso colexio e os/as nosos/as alumnos/as. Trátase dun libro que recopila cantigas e cantares da zona de Valga e pon en valor a importancia de transmisión oral da nosa lingua.

      Os/as nosos/as alumnos/as colaboraron na busca deste tipo de cantigas entre os seus familiares e coñecidos, no seu rexistro e posterior entrega de toda esta información aos encargados de plasmalo neste libro.

      O acto de presentación terá lugar no colexio de Baño, e contará coa presenza dos principais encargados da realización do libro e do alcalde de Valga.

Powered by Drupal - Design by artinet