EXCURSIÓN Á CORUÑA 4º 5º 6º (2012-13)

O venres 15 de febreiro, o alumnado de 4º, 5º e 6º realizou por adiantado a excursión de Fin de Curso á Coruña.

Primeiro visitamos o Museo do home "Domus" onde aprendimos moitas cousas relacionadas co ser humano.

Logo fumos comer xunto a Torre de Hércules, pois facía un día estupendo... menudo picnic!

De sobremesa fumos ver os peixes do "Aquarium Finisterrae", polbos, morenas, lampreas, quenllas, mexilóns, focas...

E para rematar pasamos pola "Casa das Ciencias", onde ademáis de experimentar de forma divertida puidemos ver por onde ía pasar o asteroide no "Planetario".

Unha merenda no Parque de Santa Margarita e, de volta a Cordeiro! Pasámolo moi ben e de feito ninguén se mareou na viaxe!

Máis fotos na galería.

Powered by Drupal - Design by artinet