Boas, durante os días 3 e 4 de xullo podedes chamar ou vir ao colexio para saber se vos concederon as axudas. E a semana do 8 ao 12 de xullo será para vir recoller os vales (e os libros de préstamo). Estos son os prazos:
AXUDAS PARA MATERIAL E PARA LIBROS DE TEXTO:
- martes 2 xullo (resolución provisional da concesión de axudas)
- mércores 3 e xoves 4 xullo (período de reclamacións – publicación das axudas no taboleiro interior do colexio – podedes chamar ao centro para informarse – prohibido fotografiar o taboleiro)
- venres 5 xullo (o colexio estará pechado este día)
- luns 8 xullo (publicación definitiva da concesión das axudas – impresión dos vales para material e libros)
- semana do luns 8 xullo ao 12 xullo (entrega de vales para material e para libros de texto)
REPARTO DOS LIBROS DE TEXTO (FONDOLIBROS):
Pronto informamos (web e abalarmobil) sobre o reparto dos libros do fondo solidario, de 3º, 4º, 5º e 6º curso, os cales, se é posible, xa entregaremos tamén do 8 ao 12 de xullo, senón entregaríanse en setembro.
LISTAS DE LIBROS DE TEXTO e de MATERIAL ESCOLAR para 2024-25 de cada curso:
Informaremos por abalarmóbil e colgaranse na páxina web do centro no momento en que sexan definitivas.
Se podemos, farase en xullo para facilitar a compra de material e a encarga de libros para quen teña que mercalos.
Grazas, un saúdo
a dirección
AXUDAS:
- LIBROS: en función da renda familiar, as axudas serán de 160 € ou 240 € para adquirir libros de texto (1º e 2º EP). O resto de cursos (3º, 4º, 5º, 6º) que participen no "fondo solidario" de libros poderán recibir 4 ou 6 asignaturas en préstamo.
- MATERIAL: en función da renda familiar, as axudas serán de 60 € ou 75 € (todos os cursos).
- Ao entregar a solicitude no colexio xa se está participando tanto para libros como para material.
- Máis adiante informaremos dos prazos de publicación das listaxes da concesión das axudas, entrega de vales, etc.
..................................................................
Está aberto o prazo, ata o 21 de xuño de 2024, para solicitar a participación no Fondo Solidario de libros de texto e as Axudas para material escolar e libros de texto. Podedes consultar a Orde do 7 de maio de 2024 con toda a información. Aquí tedes un resumo:
- pódese participar telemáticamente a través da aplicación FONDOLIBROS, ou entregar no colexio, antes do 21 de xuño:
- SOLICITUDE (Anexos I, II): enviaremos a solicitude a través do alumnado para que poidades cubrila e firmar todos os membros, e entregala novamente a través do alumnado aportando a documentación (libro de familia / custodia do menor)..
Aclaración: na solicitude, o Anexo II debe vir asinado por todos os membros computables da unidade familiar e o Anexo II (continuación) ten unha táboa que parece a continuación pero é diferente á do Anexo II e hai que cubrila tamén.
- DOCUMENTACIÓN: copia libro de familia con todos os membros computables e, en caso de divorcio ou separación, a copia da sentenza onde figure a custodia do menor. Esta documentación xa a temos no colexio, só é necesario traela se houbo algún cambio (nacemento de irmáns, cambios na custodia do menor...).
- As familias con varios fillos/as no colexio deben cubrir unha única solicitude e incluílos a todos na mesma.
- O alumnado que remata 6º de EP debe entregar a solicitude no instituto ao que vai a ir.
- O alumnado que vai comezar 1º de EP debe entregar a solicitude no colexio ao que vai a ir.
- Este curso, o alumnado debe facer a devolución dos libros antes do 20 de xuño, á súa titora.