Proceso de MATRÍCULA para o curso 2024/25

Solicitude de MATRÍCULA: do 20 ao 30 de xuño 2024deben presentar a seguinte documentación: DOCUMENTACIÓN (pincha para descargar os formularios). As familias do alumnado de novo ingreso (1º curso EP) serán citadas para unha reunión informativa no colexio, polo que, de non facelo antes, poderán aproveitar ese día para facer entrega da matrícula e a documentación.

.........................................................................................................................................................

Comunícase que o alumnado que realizou a solicitude de "reserva" ou de "admisión" foi admitido na súa totalidade, polo que finalmente teñen que realizar a solicitude de "matrícula" do 20 ao 30 de xuño de 2024.

 

 

 

Prazo de ADMISIÓN (do 1 ao 20 de marzo) de alumnado, para que alumnado procedente doutros centros solicite a admisión no noso colexio; as prazas vacantes para cada nivel para o curso 2024-25 son as seguintes:

1º EP - 10 vacantes

2º EP - 10 vacantes

3º EP - 5 vacantes

4º EP - 4 vacantes

5º EP - 0 vacantes

6º EP - 1 vacante

O alumnado que solicita ADMISIÓN debe atender á seguinte NOTA INFORMATIVA.

Tamén deben entregar, xunto coa solicitude de admisión, a seguinte DOCUMENTACIÓN:

     - Fotocopia dos DNIs do alumno/a solicitante e dos membros computables da unidade familiar.

     - Acreditar a idade do alumno (con DNI ou senón co LIBRO DE FAMILIA).

     - De ser o caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.

 

A solicitude pódese entregar presencialmente xunto coa documentación, no colexio, ou ben facer uso da aplicación informática "admisionalumnado".

  

E finalmente, do 20 ao 30 de xuño será o prazo de MATRÍCULA, para que o alumnado "admitido" poida formalizar a matrícula no centro.

Toda a información sobre o proceso de reserva, admisión e matrícula no seguinte enlace (normativa, formularios, tutoriais, etc.)

.....................................................

 

RESERVA DE PRAZA para o IES de VALGA: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024. 

Comeza o prazo de solicitude de RESERVA DE PRAZA no centro adscrito para o curso 2024/25, é dicir, no noso caso para que o alumnado de 6º EP solicite a resevrva de praza no IES DE VALGA. 

Os impresos de solicitude entregaranse no CEP Xesús Ferro Couselo, que será o encargado de tramitar as reservas ao IES DE VALGA. Tamén se pode solicitar a reserva a través da aplicación informática "admisiónalumnado".

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet