Proceso de ADMISIÓN de alumnado para o curso 2023/2024

Solicitude de MATRÍCULA: do 20 ao 30 de xuño 2023 - deben presentar a seguinte documentación: DOCUMENTACIÓN (pincha para descargar os formularios). As familias do alumnado de novo ingreso (1º curso EP) serán citadas para unha reunión informativa no colexio, polo que, de non facelo antes, poderán aproveitar ese día para facer entrega da matrícula e a documentación. A reunión está prevista para o venres 23 de xuño de 2023, ás 10:30 h. no colexio.

.........................................................................................................................................................

Comunícase que o alumnado que realizou a solicitude de "reserva" ou de "admisión" foi admitido na súa totalidade, polo que finalmente teñen que realizar a solicitude de "matrícula" do 20 ao 30 de xuño de 2023.

 

 ........................................................................................................................................................

 

- ADMISIÓN (do 1 ao 20 MARZO 2023): Solicitudes de admisión para alumnos procedentes de outros centros educativos. Presentar no centro presencialmente ou a través da aplicación informática.

* O alumnado que solicita ADMISIÓN debe atender á seguinte NOTA INFORMATIVA !

* Tamén deben entregar, xunto coa solicitude de admisión, a seguinte documentación:

     - Fotocopia dos DNIs do alumno/a solicitante e dos membros computables da unidade familiar.

     - Acreditar a idade do alumno (con DNI ou senón co LIBRO DE FAMILIA).

     - De ser o caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.

 

 Descarga aquí a SOLICITUDE DE ADMISIÓN (Anexo II - modelo ED550B) 

          

Todas as solicitudes, normativa e orientacións sobre o procedemento de reserva, admisión e matrícula de alumnado pódense consultar e descargar na aplicación da Xunta:  https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 (Comunícase que todo o alumnado procedente do CRA de Valga que solicitou reserva de praza para 1º curso EP foi admitido).

Éstas son as prazas VACANTES resultantes para cada curso en 2023/2024:

 

1' curso EP...... 14+3

2' curso EP...... 13

3' curso EP...... 14

4' curso EP...... 12

5' curso EP...... 7

6' curso EP...... 1

OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE:

- SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: transporte escolar

 

............................................................................................

RESERVA DE PRAZA para o IES de VALGA: do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023. Toda a información sobre o proceso de reserva, admisión e matrícula no seguinte enlace. Comeza o prazo de solicitude de RESERVA DE PRAZA no centro adscrito para o curso 2023/24, é dicir, para que o alumnado de 6º EP solicite a resevrva de praza no IES DE VALGA.

Os impresos de solicitude entregaranse no CEP Xesús Ferro Couselo, que será o encargado de tramitar as reservas ao IES DE VALGA. Tamén se pode solicitar a reserva a través da aplicación informática "admisiónalumnado".

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet