MATRÍCULA DE ALUMNADO para curso 2022/2023

Solicitude de MATRÍCULA: do 20 ao 30 de xuño 2022 - deben presentar a seguinte documentación: DOCUMENTACIÓN (pincha para descargar os formularios). As familias do alumnado de novo ingreso serán citadas para unha reunión informativa no colexio, polo que, de non facelo antes, poderán aproveitar ese día para facer entrega da matrícula e a documentación. A reunión está prevista para o luns 27 de xuño de 2022, ás 10:30 h.

.............................................................................................................................................................................

Comunícase que o alumnado que realizou a solicitude de "reserva" ou de "admisión" foi admitido na súa totalidade, polo que finalmente ten que realizar a solicitude de "matrícula" do 20 ao 30 de xuño de 2022.

 ..............................................................................................................................................................................  

Solicitudes de "admisión" FÓRA PRAZO: do 22 de marzo ao 25 abril 2022. As solicitudes de admisión que se reciban dentro deste prazo serán tramitadas en condición de "fóra de prazo" e resoltas pola Xefatura Territorial. Para solicitar a admisión deben cubrir o formulario de admisión (ANEXO II e ANEXO IIbis) e entregalo no noso centro educativo ou realizar telemáticamente  todo o proceso identificándose a través da aplicación "admisionalumado".

Ademáis deben entregar a seguinte documentación.

A continuación informamos tamén das vacantes por cursos que todavía están libres despois de asignarlle praza ao alumnado de "reserva" e de "admisión":

Vacantes (prazas libres) para o curso 2022-2023:

1º curso EP............... 12

2º curso EP............... 14

3º curso EP............... 12

4º curso EP............... 7

5º curso EP............... 1

6º curso EP............... 3

No seguinte enlace tedes toda a información oficial sobre o procedemento de admisión de alumnado (fases de reserva, admisión e matrícula) en centros educativos para o curso 2022/2023.

Para calquera dúbida ou para ver o centro estaremos encantados de recibilos chamando previamente ao 886151728.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet