FONDO SOLIDARIO de libros e AXUDAS para adquirir material e libros de texto para o curso 2021-22

Está aberto o prazo, ata o 22 de xuño de 2021, para solicitar a participación no Fondo Solidario de libros de texto e as Axudas para material escolar e libros de texto. Podedes consultar a Orde do 20 de maio con toda a información. Aquí tedes un resumo:

- podes participar telemáticamente a través da aplicación FONDOLIBROS, ou entregar no colexio, antes do 22 de xuño: a solicitude (Anexos I e II) e a documentación (copia libro de familia) e en caso de divorcio ou separación, a copia da sentenza onde figure a custodia do menor.

- O Anexo II debe vir asinado por todos os membros computables da unidade familiar.

- As familias con varios fillos/as no colexio deben cubrir unha única solicitude e incluílos a todos na mesma.

- O alumnado que remata 6º de EP debe entregar a solicitude no IES.

- En función da renda familiar, as axudas serán de 50 € para material escolar (todos os cursos) e de 140 € ou 210 € para adquirir libros de texto (1º e 2º EP). O resto de cursos (3º, 4º, 5º, 6º) poderán solicitar o fondo solidario de libros podendo recibir 4 ou 6 libros en préstamo.

- O alumnado debe facer a devolución dos libros antes do 21 de xuño, á súa titora.

- Máis adiante informaremos dos prazos de publicación das listaxes da concesión das axudas, entrega de vales, etc.

Powered by Drupal - Design by artinet