PLAN DE ENSINO VIRTUAL (horarios espello) en caso de peche de aulas a partir de 3º de primaria

 (descargar comunicado)

Estimadas familias:

 O pasado 2 de novembro de 2020 publicouse a seguinte lexislación referida a como abordar o ensino non presencial, dende 3º de Educación Primaria, no caso do peche dunha aula completa ou de todo o centro: 

Como resumo, estas resolucións establecen os seguintes aspectos:

  • O centro establecerá uns horarios para realizar o ensino virtual, respectando un 60% da carga lectiva habitual.

  • O centro comunicará á Inspección a relación de necesidades tecnolóxicas (ordenador ou conexión) das familias, para que a Xunta lle proporcione o equipamento necesario (ordenador para alumno/a e/ou pincho router para conexión de datos).

  • O centro formará ao alumnado e informará ás familias no uso das ferramentas para o seguimento do ensino virtual (uso de WEBEX e manexo da Aula Virtual).

  • O profesorado deberá estar formado para desempeñar as funcións do ensino virtual.

  • O centro ten a obriga de rexistrar as faltas de asistencia do alumnado que non siga o horario proxectado para o ensino virtual. O alumnado ten a obriga de seguir o horario establecido para garantir o seu dereito á educación.

  • A dirección do centro requirirá ao final de cada semana unha relación de actividades que realizou o profesorado co alumnado no horario establecido.

  • O centro establecerá nas súas Normas de Organización e Funcionamento (NOF) as adaptacións necesarias para garantir a boa convivencia e o éxito no proceso ensino-aprendizaxe non presencial.

  • A dirección do centro incorporará as presentes instruccións ao Plan de Continxencia do centro.

 

En virtude da lexislación citada anteriormente:

a dirección do centro aproba provisionalmente os seguintes horarios “espello” para levar a cabo no caso de ter que activar o ensino non presencial ante o peche dunha aula ou do centro. Estes horarios serán incluídos no “Plan de Continxencia” do centro e serán sometidos á revisión por parte da Inspección educativa antes da súa aprobación final. Igualmente publicarase todo na páxina web do centro.

Estes horarios nonafectan ao alumnado de ningún curso que se atope individualmente en illamento ou corentena mentres o resto do grupo segue no colexio en modo presencial. Para estes casos, a atención ao alumnado realizarase a través de propostas de tarefas e deberes, mantendo a comunicación a través das canles habituais (e-mail, teléfono, AbalarMobil, Webex) e apoiado co emprego da Aula Virtual, pero sen ter a obriga de seguir o horario “espello”.

Asimesmo, en 1º e 2º de Educación Primaria non haberá obriga de seguir os horarios “espello”, nin de usar a Aula Virtual, dadas as características deste alumnado, que en caso de illamento ou corentena será atendido da maneira anteriormente citada (proposta de tarefas e deberes, comunicación a través das canles establecidades).

 

HORARIOS “ESPELLO” para o ensino virtual en 3º, 4º, 5º e 6º curso:

Básicamente, a distribución horaria consiste en seguir o mesmo horario que na modalidade presencial, para permitir que o profesorado especialista poida atender aos grupos que estean no colexio ao mesmo tempo que á aula que se atope confinada. Pero a “carga lectiva” verase reducida a un 60%, polo que se reducirá cada sesión á duración de 30 minutos, que serán desenvolvidas maioritariamente a través do sistema de videoconferencias WEBEX, fornecendo explicacións, resolución de dúbidas e propostas de tarefas dos libros de texto e da Aula Virtual do centro. Os restantes 20 minutos de cada sesión serán usados polo alumnado para a realización de tarefas.

No momento de producirse o peche dunha aula, o centro comunicará ás familias o procedemento para realizar as conexións virtuais co alumnado (o alumnado responsable recibirá as invitacións ás videoconferencias a través do correo electrónico facilitado polas familias para tal efecto).

Os horarios para o ensino virtual en caso de peche de aula/s ou do centro detállanse a continuación, nos que hai que ter en conta as seguintes indicacións:

a) As sesións en cor vermellanon serán realizadas a través de videoconferencia; o profesorado indicará en cada caso como realizalas (visionado de contidos na Aula Virtual, realización ou entrega de tarefas, etc.).

b) Os 20 minutos despois de cada sesión serán destinados polo alumnado para a realización das tarefas que lle encomende o profesorado, e para ir preparando a conexión da seguinte sesión.

c) Cando o titor imparte varias sesións seguidas, poderá acordar co alumnado unha adaptación dos tempos de conexión e realización de tarefas, co obxectivo de optimizar o tempo útil de traballo.

3º CURSO (horario ensino virtual)

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

9:10 – 9:40

Ciencias

Sociais

Lengua

Castellana

Inglés

Lingua

Galega

Matemáticas

(20 min)

 

 

 

 

 

10:00 – 10:30

Lingua

Galega

Matemáticas

Lingua

Galega

Lengua

Castellana

Ciencias

Sociais

(20 min)

 

 

 

 

 

10:50 – 11:20

Matemáticas

Música

Relixión

e ATENCIÓN A FAMILIAS (titora)

Inglés

Lengua Castellana

(20 min)

 

 

 

 

 

DESCANSO

11:40 – 12:30

 

 

 

 

 

12:30 – 13:00

Lengua

Castellana

Ciencias

Natureza

Ciencias

Sociais

Plástica

Educación

Física

(20 min)

 

 

 

 

 

13:20 – 13:50

Inglés

Lingua

Galega

Educación

Física

Matemáticas

Ciencias Natureza

(20 min)

 

 

 

 

 

 

4ºA CURSO (horario ensino virtual)

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

9:10 – 9:40

Matemáticas

Matemáticas

Matemáticas

Matemáticas

Lengua Castellana

(20 min)

 

 

 

 

 

10:00 – 10:30

Lengua

Castellana

Ciencias

Sociais

Relixión

e ATENCIÓN A FAMILIAS (titora)

Lingua

Galega

Ciencias Natureza

(20 min)

 

 

 

 

 

10:50 – 11:20

Inglés

Plástica

Inglés

Lengua

Castellana

Inglés

(20 min)

 

 

 

 

 

DESCANSO

11:40 – 12:30

 

 

 

 

 

12:30 – 13:00

Ciencias

Natureza

Lingua

Galega

Música

Ciencias

Sociais

Matemáticas

(20 min)

 

 

 

 

 

13:20 – 13:50

Lingua

Galega

Lengua

Castellana

Lingua

Galega

Educación

Física

Educación

Física

(20 min)

 

 

 

 

 

 

4ºB CURSO (horario ensino virtual)

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

9:10 – 9:40

Lingua

Galega

Matemáticas

Matemáticas

Matemáticas

Relixión

/ Valores

(20 min)

 

 

 

 

 

10:00 – 10:30

Lengua

Castellana

Lingua

Galega

Lingua Galega

e ATENCIÓN A FAMILIAS (titora)

Lingua

Galega

Lengua

Castellana

(20 min)

 

 

 

 

 

10:50 – 11:20

Inglés

Lengua

Castellana

Inglés

Lengua

Castellana

Inglés

(20 min)

 

 

 

 

 

DESCANSO

11:40 – 12:30

 

 

 

 

 

12:30 – 13:00

Educación

Física

Plástica

Ciencias

Natureza

Educación

Física

Matemáticas

(20 min)

 

 

 

 

 

13:20 – 13:50

Matemáticas

Ciencias Sociais

Música

Ciencias

Sociais

Ciencias

Natureza

(20 min)

 

 

 

 

 

 

5º CURSO (horario ensino virtual)

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

9:10 – 9:40

Matemáticas

Matemáticas

Matemáticas

Inglés

Matemáticas

(20 min)

 

 

 

 

 

10:00 – 10:30

Lingua

Galega

Lengua

Castellana

Ciencias

Natureza

Lingua

Galega

Inglés

(20 min)

 

 

 

 

 

10:50 – 11:20

Relixión

/ Valores

Ciencias

Sociais

Educación

Física

Matemáticas

Lengua

Castellana

(20 min)

 

 

 

 

 

DESCANSO

11:40 – 12:30

 

 

 

 

 

12:30 – 13:00

Música

Lingua

Galega

Plástica

e ATENCIÓN A FAMILIAS (titora)

Ciencias

Sociais

Ciencias

Natureza

(20 min)

 

 

 

 

 

13:20 – 13:50

Educación

Física

Inglés

Lengua

Castellana

Lengua

Castellana

Lingua

Galega

(20 min)

 

 

 

 

 

 

6º CURSO (horario ensino virtual)

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

9:10 – 9:40

Inglés

Matemáticas

Matemáticas

Matemáticas

Matemáticas

(20 min)

 

 

 

 

 

10:00 – 10:30

Ciencias

Sociais

Inglés

e ATENCIÓN A FAMILIAS (titora)

Lengua

Castellana

Inglés

Lingua

Galega

(20 min)

 

 

 

 

 

10:50 – 11:20

Matemáticas

Galego

Ciencias

Natureza

Lingua

Galega

Educación

Física

(20 min)

 

 

 

 

 

DESCANSO

11:40 – 12:30

 

 

 

 

 

12:30 – 13:00

Plástica

Lengua

Castellana

Ciencias

Sociais

Ciencias

Sociais

Ciencias

Natureza

(20 min)

 

 

 

 

 

13:20 – 13:50

Ciencias

Natureza

Educación

Física

Relixión

/ Valores

Lengua

Castellana

Música

(20 min)

 

 

 

 

 

 

HORARIOS DOS ESPECIALISTAS DE PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA E AUDICIÓN E LINGUAXE:

O alumnado que recibe apoio de Audición e Linguaxe (AL) recibirá a invitación para conectarse por videoconferencia coa mestra especialista no horario indicado a continuación.

Por outra banda, a atención do alumnado que recibe apoio de Pedagoxía Terapéutica (PT), non poderá ser realizada a través de videoconferencia (pois o alumnado estará seguindo o horario do seu grupo); polo tanto recibirá recursos educativos e propostas de tarefas a través do e-mail de referencia da familia e da Aula Virtual, preferentemente de carácter práctico, manipulativo e coidando de non supoñer unha sobrecarga no seu traballo.

En calqueira caso, o profesorado poderá acordar que o alumno afectado se conecte coa especialista de PT en ocasións, para o que se lle avisaría a través do AbalarMobil dos responsables do alumno/a.

Igualmente, as especialistas de PT e AL estarán dispoñibles no teléfono do centro ou nos seus correos electrónicos para o alumnado que recibe o seu apoio no seguinte horario:

ESPECIALISTAS PT e AL

Lara (PT e AL): lara.pedagoxiaterapeutica@gmail.com

Andrea (PT): andreafontances@edu.xunta.es

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

9:00 – 9:50

PT1º

PT4º

PT4º

PT1º

PT5º

9:50 – 10:40

PT4º

AL

PT6º

AL

PT1º

10:40 – 11:30

PT6º

ALe PT1º

PT1º

PT4º

AL

RECREO

11:30 – 12:00

 

 

 

 

 

12:00 – 13:00

PT1º

PT5º e PT4º

PT3º

PT4º

PT4º

13:00 – 14:00

PT4º

PT1º e PT4º

PT5º

PT6º

PT3º

 

HORARIO DE ATENCIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN:

O Orientador do centro estará dispoñible no seu horario habitual, a demanda das familias ou alumnado, no teléfono do centro ou no seu correo electrónico.

Igualmente, o Departamento de Orientación realizará as comunicacións que considere oportunas para garantir o correcto desenvolvemento do Plan Xeral de Atención á Diversidade, e do Plan de Acción Titorial.

ORIENTADOR (compartido co CRA)

Pablo: pabloalvar@edu.xunta.es

 

1º e 3º LUNS

decada mes

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

9:00 – 9:50

Orientación

Orientación

 

Orientación

 

9:50 – 10:40

Orientación

Orientación

 

Orientación

 

10:40 – 11:30

Orientación

Orientación

 

Orientación

 

RECREO

11:30 – 12:00

 

 

 

 

 

12:00 – 13:00

Orientación

Orientación

 

Orientación

 

13:00 – 14:00

Orientación

Orientación

 

 

 

 

DOTACIÓN DE EQUIPAMENTO:

Tede en conta que as conexións ás videoconferencias deben ser efectuadas a través dun ORDENADOR (pois tablets e móbiles non son axeitados para o visionado de explicacións durante as videoconferencias, nin para o traballo na Aula Virtual).

No centro xa temos a información das familias que tedes unha conexión de Internet deficiente ou que non tedes ordenador dispoñible para o alumno/a, pois xa vos pedimos esa información na ficha na que tamén comunicastes o voso e-mail de contacto.

Se a situación cambiou, ou se durante estas semanas (realizando deberes na Aula Virtual, titorías por videoconferencia...) considerades que necesitades un ordenador ou un pincho con datos para conexión á Internet, debedes comunicalo para poder solicitalo dende o centro se fora necesario, enviando un e-mail ao correo do colexio cep.xesus.ferro@edu.xunta.es

A familia que reciba equipamento da Xunta deberá asinar un pequeno documento no que se compromete ao seu coidado e ao uso exclusivo para o ensino virtual co alumno/a que o solicitou. Será un modelo como este:

FORMACIÓN PARA FAMILIAS:

Dende o Centro de Formación e Recursos (CFR) de Pontevedra estanse a programar a realización de xornadas de formación para as familias que o desexen, consistentes nunha videoconferencia dunhas 2 horas de duración, en horario de tarde, para tratar sobre o funcionamento básico da Aula Virtual e da aplicación AbalarMobil. Todavía non hai unha data concreta. As familias interesadas deberán avisar enviando un email ao colexio. Se finalmente non puiderades conectarvos non pasaría nada, pero é para ir vendo o número de asistentes e poder organizar datas.

Finalmente, dicir que cabe esperar que nun centro como o noso, onde non se estableceron “grupos burbulla” é máis difícil que se poida producir o peche dun aula ou do centro, pero hai que estar preparados por se acontecera.

Esta información atópase tamén incorporada no Plan de Continxencia (no apartado Documentos de Centro).

Un saúdo

a dirección

Powered by Drupal - Design by artinet