FONDO LIBROS e AXUDAS: resolución e entrega de VALES (13 maio no colexio)

Hoxe, 10 de xullo, o centro publicou as listaxes definitivas do Fondo solidario de libros e axudas para material e libros de texto. Pódense consultar telemáticamente na aplicación informática.

Nesta listaxe saen especificados cales son os libros do fondo que lle tocan a cada alumno. O máximo de libros a recibir son 6 (neste caso so habería que mercar o “Activity book” de inglés e o libro de plástica).

 

OS QUE RECIBEN 4 LIBROS: Houbo alumnado que por motivos de renta, recibirá só 4 libros do fondo, polo que terán que mercar tamén o de Ciencias Sociais e o de Ciencias da Natureza (tendo que mercar, ademáis, o de plástica e o “Activity book” de inglés).

 O luns 13 de maio realizarase a entrega dos vales, no colexio, de 9:30 a 13:30 h.

 

 Unha vez saibades a cantos libros do fondo tedes dereito, e recollades os vales das axudas no colexio, é conveniente ir xa ás librarías, e que encarguedes os libros de texto que necesitedes mercar, podendo xa facer uso dos cheques.

 Lembrade que podedes consultar os ISBN dos libros 2020/21 e as listas de material escolar de cada curso aquí.

 

 A entrega dos libros de texto do fondo solidario para o curso que vén realizarase en setembro, ao inicio do curso.

Atentamente, un saúdo

 a dirección

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet