Estimadas familias: Acaba de saír publicada a Orde do 12 de maio 2020 pola que se regula o fondo de libros, axudas para material e para libros de texto para o curso 2020-2021.
Preferiblemente débese participar por vía electrónica usando a aplicación "FondoLibros" ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Pero tamén se pode entregar a solicitude no colexio:
Para organizar a presentación de solicitudes no colexio imos establecer os seguintes TURNOS: |
|
Haberá que entregar a seguinte DOCUMENTACIÓN: |
|
-
o Anexo II debe vir firmado por todos os membros computables da unidade familiar. Cando hai máis de 3 membros computables hai que imprimir outra folla máis do Anexo II para seguir incluíndo ahí os datos.
-
Os que teñen varios fillos no colexio cubrirán os datos de todos dentro da mesma solicitude.
-
Estas son as condicións da renta per cápita necesarias para obter as axudas, e a contía das mesmas.
Traede as fotocopias feitas preferiblemente, e sempre os ORIXINAIS para cotexalos.
* O alumnado de 6º curso que vai para o instituto ten que entregar a solicitude no instituto onde estean admitidos.
Entregarase unha soa solicitude, coa que xa se está participando en todo á vez:
-Cheque para libros de texto: 1º e 2º cursos.
- Fondo solidario de libros do colexio: 3º, 4º, 5º, 6º cursos.
- Cheque para material: todos os cursos.
O prazo abrangue dende o 20 de maio ata o 19 de xuño de 2020, pero pídovos que intentedes entregalo nos días que organizamos para facelo, dadas as circunstancias actuais. De non poder facelo eses días (por motivos laborais, etc.) deberedes pedir cita previa no 886151728.
Lembrade que a ANPA tamén vos pode facilitar o impreso de solicitude (Anexo I e II) por se non podedes imprimilo na casa.
Para a devolución dos libros de texto deste curso 2019-20, o que haberá que facer antes do 7 de xullo, publicaremos novamente un sistema de turnos para organizalo. De momento seguirán nas casas para a realización das tarefas.
Para calqueira dúbida chamar ao colexio: tlf. 886151728.
Un saúdo, a dirección.