Do 11 ao 15 de maio: información e proposta de tarefas.

Estimadas familias: este comunicado é para realizar o envío semanal da nosa proposta de tarefas, e aproveitamos para informar do seguinte:

- para as familias que van matricular alumnado en 1º de primaria ou en 1º da ESO, pronto daremos instruccións máis concretas sobre o proceso de matrícula, reunións ou información sobre o colexio e o instituto, documentación a presentar... O prazo para a formalizar a matrícula será do 1 ao 10 de xullo. En calqueira caso, que saibades que calqueira información a este respecto será tamén publicada na páxina web do colexio e na do IES de Valga, polo que é útil estar atentos onde se fala sobre “Admisión de alumnado”.

Este é o enlace ao acordo polo que se reanudan os prazos do proceso de admisión de alumnado (e matrícula), por se é do voso interese, pero xa adiantamos que estaredes informados a tempo.

 

- tamén informarvos de que como o director terá que estar presente no colexio mentres dure o prazo de presentación de solicitudes de Admisión (do 11 ao 18 de maio), Miguel estará no colexio polas mañás e volverá estar operativo o teléfono do colexio (886151728).

 

- por último lembrarvos que é conveniente informar aos titores da situación do alumno/a para poder axudar, etc. polo que vos pedimos unha vez máis que teñades aberta unha canle de comunicación co profesorado (email, teléfono...). O teléfono do colexio será atendido polo director para o que precisedes.

 

 

Novamente queremos lembrar que nas propostas vai traballo máis que suficiente, pero non pretendemos agobiar... non dubidedes de comentalo co profesorado para que poidamos axustar a carga de tarefas.

 

 

Atentamente, un saúdo

 o profesorado

 

Propostas de tarefas para a semana do 11 ao 15 de maio:

 

1º curso - PROPOSTA DE TAREFAS 1º (11 a 15 maio)

 

2º curso - PROPOSTA DE TAREFAS 2º (11 a 15 maio)

 

3º curso - PROPOSTA DE TAREFAS 3º (11 a 15 maio)

 

4º curso - PROPOSTA DE TAREFAS 4º (11 a 15 maio)

 

5º curso - PROPOSTA DE TAREFAS 5º (11 a 15 maio)

 

6º curso - PROPOSTA DE TAREFAS 6º (11 a 15 maio)

 

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet