1ª SEMANA DE MAIO: información sobre avaliación e proposta de actividades

 

Estimadas familias: informamos da publicación das últimas instruccións da Consellería de Educación para o desenvolvemento do 3º trimestre, que podedes consultar no seguinte enlace:

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20.

 Despois das aclaracións recibidas nas direccións dos centros educativos para a mellor interpretación destas instruccións, queremos informarvos do máis destacable, brevemente, para facilitar a súa comprensión:

 

 - TITORIZACIÓN do alumnado:

 os centros deberán estar informados da situación na que cada alumno está a desenvolver a súa actividade académica, recursos que ten, dificultades, etc. polo que vos pedimos dúas cousas:

 

a) cubrir e enviar a enquisa os que aínda non o fixeron (DESCARGAR ENQUISA), ao correo electrónico cep.xesus.ferro@edu.xunta.es

b) informar ao voso titor/a das dificultades que estades atopando para realizar as tarefas que vos propoñemos, para que poidamos axustar as nosas actuacións o mellor posible, así como valorar o voso traballo de cara á avaliación.

 

- AVALIACIÓN do alumnado:

 a) a valoración das tarefas que o alumnado realice durante o confinamento só poderá terse en conta para subir nota, nunca para baixala.

 

b) para poñer as notas a final de curso, polo tanto, terase en conta o traballo realizado na 1ª e 2ª avaliación, e só se terá en conta o traballo durante o 3º trimestre no caso de que iso favoreza ao alumnado.

 

c) isto quere dicir que canta máis información teñamos para poder valorar o traballo que está a realizar o alumnado, máis posibilidades terán de subir nota a final de curso.

 

d) o alumnado que ten materias pendentes do ano pasado, ou que ten suspenso na 1ª ou 2ª evaluación deste curso, ten agora unha oportunidade para recuperar estes suspensos, dado que o profesorado lle proporá tarefas de recuperación. Pero só será posible evaluar ese traballo se nos informades de como se está a realizar, pedides axuda, etc.

 

e) a mediados de maio publicarase na páxina web do centro un documento coas adaptacións das programacións deste curso, na que se establecen os mínimos esixibles para unha avaliación positiva de cada materia e curso, se detallará o procedemento para poñer a cualificación final de cada alumno, etc.

 

f) a finais de curso, tras a valoración final do traballo realizado por cada alumno tendo en conta a súa situación, en base á información da que dispoñamos, servirá para elaborar os informes individuais de cada alumno/a así como o plan de reforzo específico que nos permita programar o vindeiro curso procurando minimizar as consecuencias académicas do confinamento.

 

 

Adxuntamos, a continuación, a proposta de tarefas por cursos para a esta semana, do 4 ao 8 de maio:

 

 

1º curso... PROPOSTA DE TAREFAS 1º (4 a 8 de maio)

 

2º curso... PROPOSTA DE TAREFAS 2º (4 a 8 de maio)

 

3º curso... PROPOSTA DE TAREFAS 3º (4 a 8 de maio)

 

4º curso... PROPOSTA DE TAREFAS 4º (4 a 8 de maio)

 

5º curso... PROPOSTA DE TAREFAS 5º (4 a 8 de maio)

 

6º curso... PROPOSTA DE TAREFAS 6º (4 a 8 de maio)

 

Lembrade que nas propostas vai traballo máis que suficiente, e trátase de que teñades recursos para traballar e dár oportunidade, non pretendemos agobiar... non dubidedes de comentalo co profesorado para que poidamos axustar a carga de tarefas.

 

 Atentamente, un saúdo

      o profesorado

 

Powered by Drupal - Design by artinet