Estimadas familias:
Enviamos hoxe unha nova proposta de tarefas para o alumnado, plantexadas para realizar ata o luns
4 de maio, cando realizaremos un novo envío.
É importante que sigades empregando os e-mails para contactar co profesorado sempre que o
necesitedes, tanto para pedir axuda, explicacións, como para enviar unha mostra das actividades
realizadas cando sexa oportuno.
O envío de mostras das tarefas que estades a relizar plantexámolo como voluntario, para non
engadir máis presión á situación que estamos a vivir. De todos xeitos, dado que a situación de cada
familia non será a mesma, quen se vexa na posibilidade de enviar ao profesorado mostras das
tarefas que está a realizar, pode facelo coa intención de que nós poidamos ir revisando e
respondendo con mensaxes de ánimo que poidan axudar a motivar algo máis ao alumnado.
Lembrade que non son tarefas propiamente avaliables, senón que servirán para analizar o tipo de
axuda que debe recibir o alumnado cando a situación se normalice e as clases volvan a ser
presenciais.
Dende o Departamento de Orientación queremos lembrarvos que non dubidedes en contactar con
nós para pedir axuda tamén en aspectos de carácter emocional, motivacional, etc. Podedes facelo a
través dos titores ou directamente co orientador: pabloalvar@edu.xunta.es
Podes tamén descargar estas RECOMENDACIÓNS.
Deixámosvos aquí tamén o enlace ao noso VÍDEO DOS PROFES para dar ánimo ás familias,
adicado especialmente ao alumnado, con moito cariño... Esperamos que vos guste.
Lembrade que tedes AQUÍ NA WEB tedes acceso aos blogues de aula, e algún recurso para a lectura...
A continuación deixámosvos os enlaces para a descarga das propostas de tarefas dos distintos
cursos e materias (para finais de ABRIL):
1º curso................ TAREFAS 1º CURSO (finais de ABRIL)
2º curso................ TAREFAS 2º CURSO (finais de ABRIL)
3º curso................ TAREFAS 3º CURSO (finais de ABRIL)
4º curso................ TAREFAS 4º CURSO (finais de ABRIL)
5º curso................ TAREFAS 5º CURSO (finais de ABRIL)
6º curso................ TAREFAS 6º CURSO (finais de ABRIL)
Son aconsellables a realización dalgunhas tarefas do blogue de PT, https://ptnoferro.blogspot.com/ ,
con carácter específico para o desenvolvemento da atención, memoria, etc.
Un saúdo, grazas.
O claustro de profesorado