Este ano adicamos o Entroido ao cine infantil, baixo o título "Un Entroido de Cine", e a verdade é que todo saiu "de cine"!
Os disfraces estaban moi chulos, as maquillaxes parecían profesionais, os bailes foron entretidos e divertidos, e os postres... riquísimos!
Grazas como sempre ao esforzo das familias, dos mestres e dos nenos e as nenas que o viviron con moita ilusión!!
Comezamos coas Mandas do Entroido, que remataron o xoves traendo o pixama completo, bata, zapatillas, peluches...
A verdade é que so nos faltaba isto para sentirnos como en casa!
E por fin chegou o venres de Entroido e disfrutamos da gran festa no colexio!
Aquí tedes un repaso das actuacións: