Pincha na imaxe para VER VÍDEO proxecto "La Puerta Violeta" de Rozalén.
O 25 de Novembro é unha data adicada a lembrar a necesidade de eliminar todo tipo de violencia nas nosas vidas, en especial a violencia Machista.
No colexio realizamos as seguintes actividades para reinvindicar a liberdade das mulleres e reclamar unha sociedade máis igualitaria e xusta para todos:
- recibimos charlas sobre igualdade por persoal especializado (Fademur).
- traballamos a Igualdade nas aulas, e a través de contos: "Artur e Clementina".
- fixemos programas de radio (ver no Blogue de Onda Ferro)
- exposición de selección de libros sobre Igualdade na biblioteca.
Tamén realizamos un pequeno proxecto a través da canción "La puerta Violeta" de Rozalén:
- aprendimos a letra da canción en lingua de signos
- decoramos as portas das aulas de cor violeta
- incorporamos ás portas mensaxes de protesta e Igualdade.
confeccionamos pulseiras violetas para todos.
- fixemos murais sobre a canción e sobre Violencia de Xénero.
- gravamos un vídeo entre tod@s sobre a canción (ver vídeo)
Finalmente, o Luns 25 participamos nun acto de protesta organizado polo Concello xunto ao resto de centros educativos:
- preparamos un texto coas ideas que queríamos reivindicar.
- fixemos unha pancarta para manifestarnos.
O martes 26 acudimos á obra de teatro profesional "Nómades" da Compañía Xarope Tulú, no Auditorio de Valga.