Esta é a nosa biblioteca:
O colexio leva anos participando no Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares (PLAMBE), polo que recibimos anualmente fondos para mercar novos libros... A cambio, dende a biblioteca promovemos actividades divertidas encamiñadas ao fomento da lectura, á investigación, ao reforzo das asignaturas...
A biblioteca ten espazo para 30 usuarios sentados...
Dispón de case 7.000 exemplares ordeados según a C.D.U. (temáticas e niveis)
As baldas están sinalizadas para facilitar a búsqueda.
Dispón dunha mesa de préstamo, punto informático con 2 ordenadores, equipo musical Hi-fi, e unha selección de Cds e DVDs.
As mascotas da biblio son:
a "Ra RENATA" e...
o "Carballo BELLOTERO".
Ten espazos diferenciados:
- zona de consulta e traballo
- recuncho dos pequenos e relax
- xogos de mesa (parchís, xadrez, puzzles, tangram...)
- pufs, sillóns, tatami de goma... e moito colorido!
Un "recuncho para familias" especial cunha selección de fondos que poden ser do seu interese:
-libros feitos polos alumnos
-consellos para educar
- recetas saudables ou divertidas
- xogos en familia e manualidades
e...
Todos os números do noso xornal escolar!
Para rematar non esquezades que dispoñedes dun buzón de suxerencias no que podedes facer as vosas peticións:
- libros, discos... que vos gustaría mercar
- actividades que vos gustaría realizar
- necesidades da biblioteca
- etc.
Ven e disfruta da túa biblioteca!
(Tamén aberta todos os días de 16:00 a 18:00 h )