OS ALUMNOS/AS DE 6º VANSE DE "ENGLISH WEEK"

O colexio ven de conseguir a súa participación na English Week.

 

Despois da presentación dun proxecto para esta actividade, a Consellería de Educación seleccionounos para participar nesta iniciativa.

 

Está dirixida a alumnos/as de 6º curso de Ed. Primaria e consiste en pasar unha semana cos gastos pagados nun centro de inmersión lingüística. É dicir, os nenos/as de 6º curso van estar unha semana nunha especie de campamento onde se vai falar, facer actividades, obradoiros,..., todo en lingua inglesa.

 

É unha actividade das máis demandadas polos centros, xa que é solicitada pola maioría dos centros galegos e ten moi poucas prazas. por isto estamos de noraboa e sobre todo o alumnado de 6º curso que o vai pasar en grande nesta experiencia.

Powered by Drupal - Design by artinet