O pasado martes 10 de maio o noso cole participou na "Carreira pola lingua" que se celebrou no IES de Valga.
Primeiro escoitamos á banda formada polos nenos e nenas do noso cole, o de Baño e do IES.
Os compañeiros e compañeiras de 6º leron uns poemas feitos por eles.
E, na carreira, dúas nenas do cole conseguiron chegar de primeiras e recibiron as súas medallas!
Pasámolo xenial.