Blogues

IMOS AO COLE DE BAÑO Á PRESENTACIÓN DUN LIBRO!!!!

        

Este venres 21 de novembro, os/as alumnos/as de 4º curso e a súa mestra acudiran á presentación dun libro no que colaborou o noso colexio e os/as nosos/as alumnos/as. Trátase dun libro que recopila cantigas e cantares da zona de Valga e pon en valor a importancia de transmisión oral da nosa lingua.

CHARLA SOBRE RECICLAXE DE XOGUETES ELÉCTRICOS E A PILAS

      Este mércores achegarase ata o noso centro un técnico da empresa de recollida de lixo para dar unha charla e facer unhas actividades con todos/as os/as nenos/as do colexio.

      O tema é a reciclaxe de xoguetes que funcionen con pilas ou con electricidade, xa que se atopan nos contedores con moitos destes xoguetes. Ensinarannos como reciclar correctamente este tipo de obxectos, xa que levan compoñentes que hai que tratar de forma específica.

ELECCIÓNS DE MEMBROS PARA O CONSELLO ESCOLAR

Comeza o proceso para a renovación de membros do consello escolar do centro.

Tedes máis información do proceso nos enlaces e nas notas que vos mandavos a casa desde o centro.

IMOS AO TEATRO!!!

AS LARANXAS MAIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS

O cursos de 1º, 2º e 3º acudirán mañán a Pontevedra á función de teatro desta obra que se celebrará as 10 horas.

Deixámosvos a nota de prensa que sacou a Consellería de Educación en relación a este espectáculo:

 

 

Reunión cos pais e nais

Este martes 30 de setembro teremos no colexio a reunión cos pais e nais dos alumnos/as. Nunha primeira instancia reunirémonos na biblioteca, onde o director exporá aspectos xerais deste curso para todos/as. Despois, cada un terá unha reunión co titor/a dos seus fillos/as na aula correspondente.

Na medida do posible, pedímosvos que acudades sen nenos/as.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2014/15

Os libros de texto para o curso 2014/15 serán os mesmos que se usaron neste curso.

Adxuntamos as listas dos libros de texto coas editoriais e os ISBN.

LETRAS GALEGAS 2014

Para a semana das Letras Galegas temos preparadas un montón de actividades:

O martes participaremos na Carreira pola Lingua no Ies de Valga.

O mércores visitará o colexio Marta Ortiz, co seu espectáculo de contacontos "Cores".

O xoves visitaremos o Auditorio de Valga para participar nos concertos didácticos organizados pola Banda de música municipal.

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2014/15

Publicación da listaxe de admitidos para o curso 2014/15 no 1º curso de Educación Primaria.

COMEZOU O TORNEO DE NADAL DE BÁDMINTON

Neste mes de decembro, os alumnos/as de 5º e 6º comezaron o torneo de Nadal de bádminton do colexio.

Teñen competición tanto individual como por parellas, na que o importante é esforzarse ao máximo e pasalo ben.

Moito ánimo e sorte para todos/as!!!!!

Powered by Drupal - Design by artinet