Blogues

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Ven de publicarse a Orde que regula este procedemento. Tedes aquí o enlace para acceder á información:

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/18988

A SEMANA CIENTÍFICA

Estimados pais/nais:

Na semana do 18 ao 22 de abril faremos no colexio a nosa "Semana científica".

O luns 18 e o martes 19 os nenos/as terán sesións con científicos de verdade. Nestas sesións explicaranlles como é o traballo dos científicos e, sobre todo, farán eles mesmos experimentos coas súas propias mans. Serán sesións moi prácticas, de ver, de tocar, de mesturar,..., por que é a forma máis eficaz e divertida de aprender.

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS. XOGADE 2015/16

      Un ano máis, participamos na carreira de Campo a Través do Deporte Escolar celebrada en Negreira.

      Preto de 1000 participantes e 12 colexios démonos cita no circuito da localidade nicrariense. O resultado non puido ser mellor: actividade física, esforzo, compañerismo e moita diversión. Ata nos trouxemos dúas medallas na categoría alevín femenino.

 

COMEZA O PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO EN CENTROS SUSTENTADOS CON FONDOS PÚBLICOS

Comeza o proceso de admisión do alumnado en centros públicos para o curso 2016/17. Aquí podedes consultar toda a información relativa ao proceso de admisión:

 

LISTAXE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2015/16

No arquivo adxunto poderedes consultar as listas de libros de texto para o curso 2015/16.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS 2015/16. LISTADO DEFINITIVO

Xa saliu o listado definitivo do fondo solidario de libros para o curso 2015/16.

Ao non haber reclamacións o listado definitivo coincidirá co listado provisional.

Poderase ver pinchando no archivo adxunto.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS 2015/16. LISTADO PROVISIONAL

Xa saeu o listado provisional do fondo de libros para o curso 2015/16. Nel podedes ver o nome dos vosos fillos/as e os libros que lles corresponden (vai como ficheiro adxunto).

Saen para algúns nenos/as os libros de Relixión e Ed. Artística, xa que no curso 2014/15 se usaban. Non se van a usar para o curso 2015/16, polo que non se entregarán.

O libro de Inglés de 5º de Primaria non coincide co que se vai a usar este ano, polo que tampouco se entregará.

CALENDARIO ESCOLAR 2015/16

Xa temos o calendario escolar para o curso 2015/16. Pódedes consultalo na seguinte ligazón:

 

http://www.edu.xunta.es/web/calendarioescolar

 

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO 2015/16

 

Publicada a Orde do 21 de maio de 2015 pola que se regula o fondo solidario de libros de texto destinado ao alumnado matriculado en 3º e 5º de educación primaria e en 2º e 4º de educación secundaria obrigatoria

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet