Blogues

LISTADO PROVISIONAL DO FONDO DE LIBROS

Publicamos o listado provisional do fondo de libros do centro. Nel aparece o número de libros que se lle conceden a cada neno/a, non os libros en concreto que se lle dan a cada un. Cando publiquemos o listado definitivo xa aparecerán os libros concretos que leva cada neno/a.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2017/18

No arquivo adxunto poderedes consultar a lista de libros de texto para o curso 2017/18.

Calendario escolar 2017/18

Acaba de sair publicada a Orde co calendario escolar do curso 2017/18. Podedes acceder premendo sobre o enlace.

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20170622_calendario_escolar.pdf

Convocatoria do fondo de libros e axudas para os libros de texto e material escolar

Saiu a convocatoria para participar do fondo de libros do colexio (3º, 4º, 5º e 6º de Primaria), para a axuda á adquisición de libros de texto (1º e 2º de primaria) e para a axuda á adquisición de material escolar (todos os cursos).

A solicitude será única para todos os/as fillos/as.

O prazo remata o 23 de xuño do 2017.

NOVO NÚMERO DE TELEFONO

A Consellería de Educación cambiounos hoxe o número de teléfono do colexio.

 

O novo número é o 886151728.

 

A partir de hoxe tedes que usar este número para calquera consulta.

OS ALUMNOS/AS DE 6º VANSE DE "ENGLISH WEEK"

O colexio ven de conseguir a súa participación na English Week.

 

Despois da presentación dun proxecto para esta actividade, a Consellería de Educación seleccionounos para participar nesta iniciativa.

 

CALENDARIO ESCOLAR 2016/17

Adxúntase enlace do calendario escolar para o curso 2016/17.

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/calendarioescolar

 

 

As clases comezan o luns 12 de setembro.

LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO DE LIBROS. CURSO 2016/17

Adxúntase a lista definitiva do fondo de libros. Ao non haber reclamacións queda exactamente igual que a lista provisinal.

Os libros entregaranse en Setembro, do 05 ao 09 de setembro (de 12 h a 14 h.).

LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2016/17

Adxunto publicamos a listaxe provisional co reparto dos libros existentes no Fondo de libros do centro.

Como resumo, dicir que nos cursos de 3º, 4º e 6º hai libros suficientes para todos/as os/as alumnos/as que solicitaron.

LIBROS DE TEXTO DO CURSO 2016/17

No arquivo adxunto tedes a listaxe dos libros de texto para o curso que ven.

 

Tamén podedes ver a modificación que se fixo do caderno de inglés de 3º curso, posto que o que viñamos usando foi descatalogado pola editorial este curso. na listaxe de libros xa ven correctamente o nome e o ISBN.

Powered by Drupal - Design by artinet