Orientación

Cadernos de atención á diversidade

Os Equipos de Orientación Específicos son axentes de apoio á orientación externos aos centros educativos, centrando as súas funcións, con carácter preferente, no apoio especializado aos departamentos de orientación, na elaboración de programas de intervención, na actualización de datos propios de cada especialidade, así como na elaboración de materiais e recursos que contribúan a unha axeitada resposta educativa nos centros, neste caso en materia de orientación educativa e profesional.

Nesta liña publicaron unha serie de cadernos de atención á diversidade, dispoñibles no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/portal/diversidadeorientacion/411/652/654

Normativa básica de orientación educativa en Galicia

Orde do 8 de setembro de 2021, pola que se desenvolve o Decreto 229/2011

Educación afectivo-sexual en 5º de primaria

Os días pasados tivemos dúas sesións en 5º de primaria cunha introdución á educación afectivo-sexual, seguindo o programa do Colexio do Benquerer da Fundación Meniños. Para este propósito utilizamos a actividade de título "O nome correcto", que ten por obxectivo nomear correctamente as partes do corpo humano, tanto masculino como feminino. O alumnado participou con moito interese, e aquí queda unha mostra do seu coñecemento previo.

Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo 2024-2025

A convocatoria para o curso 2024 - 2025 publicouse o 19 de abril de 2024, e a axuda pódese pedir do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024.

As axudas están dirixidas a persoas que presentan unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións:

Discapacidade

Trastorno grave de conduta ou da comunicación e da linguaxe

Trastorno do espectro autista

Altas capacidades

Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional. Unha vez completado, hai que imprimir o formulario de solicitude (un PDF) e presentalo no centro educativo.

Toda a información neste enlace.

 

Charla para ás Familias

FORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

Museo Manuel Torres 

A través da páxina web do colexio incentívase a participación das familias nas charlas propostas polo concello sobre

"Adicións dos nenos e nenas en idade escolar".

CHARLAS PARA FAMILIAS 

22 de febreiro

"Establecemento de normas e límites"

Charla ás familias na EEI O Grupo

Estimadas familias, o mércores 29 de novembro as 16:30 horas terá lugar unha charla na EEI O GRUPO sobre os retos da educación. Pretendemos aprender estratexias para favorecer a autonomía do noso alumnado e fortalecer vínculos coas familias.

Agardamos que veñades!!! É moi interesante!!!

 

CHARLANDO EN FAMILIA

Diploma Colexio do Benquerer

Rematamos as actividades programadas para este curso no proxecto Colexio do Benquerer, de educación afectivo-sexual, organizado pola Fundación Meniños, que nos traslada o certificado de colaboración.

Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo 2023-2024

A convocatoria para o curso 2023 - 2024 publicouse o 26 de abril de 2023, e a axuda pódese pedir do 8 de maio ao 20 de setembro de 2023.

Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional. Unha vez completado, hai que imprimir o formulario de solicitude (un PDF) e presentalo no centro educativo.

Toda a información neste enlace.

Colexio do Benquerer: comunicación asertiva

Estes días traballamos nas aulas de 5º e 6º de primaria o tema da  comunicación asertiva, dentro do programa de educación afectivo-sexual do Colexio do Benquerer.

Vimos que existen tres estilos básicos de comunicación: agresiva, pasiva e asertiva. O alumnado recoñece que o seu estilo máis frecuente é o estilo agresivo, facilitado polas confianzas que teñen cos seus amigos/as.

Na comunicación asertiva, fundamental para ter novos amigos/as, defendemos os nosos propios dereitos respectando os dereitos dos demais, é dicir, sen ofender nin molestar.

Na imaxe seguinte vemos os cinco pasos básicos que podemos seguir para intentar manter unha comunicación asertiva, e saber dicir que NON, sen que o interlocutor se sinta ofendido.

Programa de Educación Afectivo-Sexual Colexio do Benquerer

Nestes días iniciamos o programa de educación afectivo-sexual "Colexio do Benquerer" que nos ofrece a Fundación Meniños, cos cursos de 5º e 6º de primaria.

En 5º curso traballamos a actividade "O nome correcto", que nos ensina a utilizar o nome correcto para designar aos órganos sexuais masculinos e femininos e fainos reflexionar sobre o porqué da existencia de moitos nomes inapropiados.

En 6º curso vimos a actividade "A máquina do tempo" centrada nos diversos tipos de cambios que se producen na etapa da puberdade: cambios non só físicos, senón tamén emocionais, cognitivos e sociais.

Día das Persoas con Discapacidade

Este ano conmemoramos o "Día das Persoas con Discapacidade" aprendendo un pouco máis sobre as distintas linguaxes que utilizan, para facerse entender e entendernos, as persoas con discapacidades relacionadas coa fala, o oído e a vista.

Pola conmemoración do "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller" cantamos a canción "A porta violenta", interpretando o retrouso con linguaxe de signos, achegándonos así ás persoas que non poden falar e/ou escoitar.

Posteriormente puidemos coñecer como se comunican as persoas con discapacide visual, grazas ás explicacións do personal experto da ONCE, que se ocupa de ensinar a estas persoas.

Bolsas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo no curso 2022-2023

O Ministerio de Educación convoca Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade,  trastorno grave da conduta, trastorno do espectro autista ou altas capacidades.

 O prazo para solicitar a bolsa vai desde o día 19 de maio  ao día 30 de setembro (venres).

Podemos obter información sobre a convocatoria no seguinte enlace:

 https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/artisticas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

E máis detallado no enlace: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

 A solicitude hai que cubrila na sede electrónica do Ministerio de Educación: https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1731

Emocióna-T. Reláxa-T. Móve-T coa música

Na clase de música estivemos traballando a relaxación como actividade do proxecto Emocióna-T. 

Emocióna-T coa música de Mercedes González

A botella da calma

Vídeo onde se explica como fixemos as botellas da calma polo "Día da Paz".

(Clica na imaxe para ver o vídeo)

 

 

Experimentamos (pero non só coa ciencia)

As profes Ruth e Belén, dirixen aos nenos cara ao coñecemento "científico" a través da experimentación directa con diversos materiais. Bótalle unha ollada a estes divertidos experimentos de patio.

Bolsas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo 2021-22

O Ministerio de Educación convoca Axudas e subsidios para alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade,  trastorno grave da conduta, trastorno do espectro autista ou altas capacidades.

 O prazo para solicitar a bolsa remata o día 30 de setembro (xoves).

Podemos obter información sobre a convocatoria no seguinte enlace:

 https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

 A solicitude hai que cubrila na sede electrónica do Ministerio de Educación: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/deportivas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

Recursos para traballar con alumnado TEA

Na web da Asociación Navarra de Autismo, atopamos unha selección extensísima de materiais e enlaces de interese, a maior parte provén de tres fontes: materiais creados por Amaya Ariz, materiais da web de Arasaac e da web www.lasonrisadearturo.com. Con eles podemos traballar:

- vocabulario e linguaxe

- praxias

- condutas

- emocións e habilidades sociais

- secuencias e funcións executivas

- as axendas e as horas

- contos con pictos

- cancións

- anticipar situacións

- grafomotricidade e lectoescritura

- materiais para traballar no primeiro ciclo de primaria, etc.

Na web trespuntocero recompilan ata 15 recursos, na súa maioría aplicacións informáticas e recursos vía web, para traballar con este tipo de alumnado.

Outra fonte de recursos interesantes é o blog: El sonido de la hierba al crecer

Distribuir contido

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.