Música
O NOSO COLE!
Enviado por laurarialf o Mar, 23/01/2024 - 15:29Achégase o momento de elixir cole para o próximo curso. Por iso, dende o noso centro, elaboramos un vídeo para todas aquelas familias que nos queiran coñecer. Agardamos que vos guste!
Vinde a aprender con nós!
Nadal no Sequelo
Enviado por laurarialf o Ven, 22/12/2023 - 14:47Onte no CEIP Sequelo tivemos unha morea de cousas. Comezamos a mañá escoitando panxoliñas da man da profe Inés e moitos dos nenos e nenas do cole. Ao rematar, puidemos coñecer aos finalistas e gañadores e gañadoras do concurso de postais que dende o cole facemos cada ano.
Na hora do patio, tivemos unha sorpresa...Chegou Papá Noel! Os nenos e nenas de Infantil e primeiro non dubidaron en entregarlles a súa carta. Logo de xogar un pouquiño no patio, chegaron as actuacións! Os diferentes cursos foron cantando e interpretando cancións de nadal tanto en galego, coa axuda da profe Montse, como en inglés, coa axuda da Teacher María. Xusto cando estabamos rematando, tivemos outra sorpresa...Apareceu o apalpador! Os nenos e nenas de terceiro puideron darlles uns debuxos moi bonitos que eles e elas mesmas lle fixeron. Por último, para rematar o día de festa, a ANPA preparounos chocolate con churros moi delicioso. Que sorte tivemos!
Para que vexades un pouquiño da mañá deixámosvos dous vídeos: un cheo de imaxes e outro con algunhas panxoliñas e actuacións da mañá para que nos escoitedes entoar as nosas voces e vexades como movemos o esqueleto.
Ao longo deste mes, tamén desfrutamos do tren de Nadal do Concello que nos levou polas rúas de Marín para ver que chulas e navideñas están. No vídeo tendes algunha fotiño!
Por último, este ano o noso cole cumpliu 50 anos! Por iso fixemos unha tarta moi grande, decoramos unhas velas moi chulas e pegámosllas. Por suposto, cantámoslle cumpleanos feliz. Parabéns CEIP Sequelo!
Moitas gracias á ANPA por decorar o cole tan chulo de nadal, por eses churros con chocolate tan ricos e por toda a súa implicación!
Tamén agradecer a Papá Noel e ao apalpador por vir un ratiño ao noso cole e poder vivir un momento máxico cheo de ilusión!
BO NADAL!
25N no CEIP Sequelo
Enviado por laurarialf o Dom, 26/11/2023 - 10:27Onte foi 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da Violencia contra a muller. A pesar de ser un tema que traballamos día a día na aula, o venres quixemos darlle un pouco máis de visibilidade e amosar que todos e todas estamos totalmente en contra con este tipo de accións.
Dende hai uns días, estivemos preparando nas clases carteis con lemas en contra desta violencia e a favor das mulleres e o respecto que temos por todas e cada unha delas.
Para facer máis visible o noso traballo e o noso desacordo coa violencia contra as mulleres, saímos do centro educativo e manifestámonos por toda a beira do río Lameira. Na volta ao centro deixamos colgados os nosos carteis ao redor do colexio para que cada persoa que pase poida lelos.
Ao chegar ao centro, Tania de 6º de Educación Primaria leunos un manifesto, deixando claro que no CEIP Sequelo berramos todas xuntas: Eu por ti e ti por min!
Por último, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de EP, xunto coa profe Montse, versionaron en galego a canción de “Ni una más” de Aitana e mostráronola a todos e todas.
Hoxe e cada día do ano: NIN UNHA MÁIS
Xogando, cantando e tocando en infantil
Enviado por Anónimo o Ven, 24/03/2023 - 16:36O alumnado de infantil cantando e tocando todos xuntos na clase de música.
Bo traballo nenos e nenas!!!
Obradoiro de Ecopercusión 2023
Enviado por Anónimo o Dom, 12/03/2023 - 20:52Un ano máis o alumnado de 5º e 6º participou no obradoiro de "Ecopercusión" (percusión con materiais de reciclaxe) a cargo do profesor Didier Díaz.
Como podedes comprobar pasárono xenial, ao mesmo tempo que reforzaron a temática do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"; tamén podemos facer música Reciclando, Reutilizando e Reducindo.
Conmemoración do "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller"
Enviado por Anónimo o Sáb, 26/11/2022 - 21:40Así conmemoramos todos xuntos esta data.
Facendo unha simbólica porta violeta con vista a un prado verde, e cantando a canción "A porta Violeta" de Rozalén e Tanxugueiras en galego, castelá, inglés e con linguaxe de signos.
Inventos que cambian a música
Enviado por Anónimo o Dom, 12/06/2022 - 15:50Formando parte do PDI "Inventos que cambian o mundo", na clase de música en sexto curso, investigamos sobre os "Inventos que cambian a música". Aquí vos queda unha presentación recopilando todo o traballado.
Día do Libro 2022. "Escoitando coa imaxinación". Emocióna-T coas nosas historias.
Enviado por Anónimo o Lun, 09/05/2022 - 19:44Aquí deixamos as historias que creastes conxugando música con imaxinación e emocións.
Emocióna-T. Reláxa-T. Móve-T coa música
Enviado por Anónimo o Mér, 20/04/2022 - 15:43Na clase de música estivemos traballando a relaxación como actividade do proxecto Emocióna-T.
Emocióna-T coa música de Mercedes González
Obradoiros de "Ecopercussión" e "Novas Tecnoloxías na Música"
Enviado por Anónimo o Dom, 03/04/2022 - 18:27O pasado día trinta o alumnado de 5º e 6º participou en dous obradoiros musicais dirixidos polo profesor Didier Díaz. "Ecopercussión" para 5º, e "Novas Tecnoloxías na Música" para 6º.
Neste vídeo tendes unha pequena mostra de como se desenvolveron.
Taller de ecopercusión
Enviado por Anónimo o Ven, 26/03/2021 - 21:20Xa que este ano non podemos ter a clase de música na nosa aula, e as clases de música son dun xeito moi distinto a anos anteriores; os días 16 e 17 de marzo, o alumnado de 5º e 6º participou nun taller de ecopercusión (percusión con materiais de reciclaxe), ao aire libre e con todas as medidas de seguridade a cargo do profesor de percusión Didier Díaz.
Parece ser que fixeron un pouco de ruído, pero despois dos primeiros compases de ensaio soaban estupendamente e foron a envexa de todo o colexio.
Aquí vos queda unha pequena mostra de como se desenvolveu a actividade.
Recompilación "Xogos populares con música"
Enviado por Anónimo o Mar, 16/06/2020 - 09:23Silla de la reina (Música - Ed. Física)
Enviado por Anónimo o Sáb, 13/06/2020 - 19:44A entrevista do sábado vai a cargo dun compi de 5ºA, que nos trae un xogo no que podemos participar todos e todas, sendo posible xogar a calquera idade, só teremos que modificar un pouco os papeis que desenvolvemos...
Seguro que moitos e moitas de vos xa o coñeciades, pero teño un vídeo con unha canción que varía un pouco da enviada por José Manuel.
Desfrutade moito da fin de semana!!!!
#euficonacasa
#euquedonacasa
Xogo coas mans (Música - Ed. Física)
Enviado por Anónimo o Xov, 11/06/2020 - 16:58Na entrada de hoxe Hugo tráenos a entrevista que lle fixo a súa avoa, coñecedes este xogo?
Hugo móstranos tres versións do mesmo xogo. Esperámos que vos gustaran.
Encontramos este vídeo en youtube onde podemos ver un exemplo de como se xoga, pero seguro que vos coñecedes outra variante, eu lembro de sentarme no colo de miña avoa para que me contara a historia dos dedos e do ovo.
Xa estamos a rematar a semana!!! Desfrutade moito do que queda dela!!!
#euficonacasa
#euquedonacasa
Pase Misí - Don Perico (Música - Ed. Física)
Enviado por Anónimo o Mér, 10/06/2020 - 10:34As palmas (Música - Ed. Física)
Enviado por Anónimo o Mar, 09/06/2020 - 10:47Hoxe vamos traballar un pouco de coordinación, Iker propón o xogo que eu coñezo como “CHOCOLATE”, pero ten moitas máis denominacións, só precisades unha parella e moitas ganas de rir, podedes aumentar a velocidade de execución, o número de participantes, podendo ser un trío, grupos de catro, cinco…
En este vídeo explícanvos como son os pasos para iniciarvos en “chocolate”, espero que o practiquedes moito.
Zapatilla por detrás (Música - Ed. Física)
Enviado por Anónimo o Lun, 08/06/2020 - 09:28Comezamos a semana, e temos que iniciala con enerxía e moitas ganas de pasalo ben, a proposta para hoxe é de Rodrigo que nos explica un xogo que creo que moitos e moitas coñecedes, neste caso, poderemos xogar, sempre que gardemos a distancia de seguridade, polo que teremos un corro moi grande.
Só precisamos unha zapatilla, que lle poderemos roubar a un ou unha xogadora, ou substituíla por calquera obxecto. Encontrei este vídeo en youtube, pero hai moitos máis, onde varía a canción ou algunha outra norma do xogo.
Esperamos que vos gustara a proposta de hoxe e que nos sigades enviando moitos máis “xogos cantados”.
Saltar a goma (Música - Ed. Física)
Enviado por Anónimo o Xov, 04/06/2020 - 14:58Hoxe toca practicar o salto, Mateo e Pablo propóñennos unha actividade de saltar a goma que lles ensinaron súas nais, existen moitas cancións para este xogo, seguro que coñecedes algunha que nos poidades ensinar, ou podedes preguntar.
Coñecedes aos protagonistas do vídeo?
Desfrutade moito da proposta de hoxe, só precisades unha goma (que podemos comprar en calquera mercería), e moitas ganas de xogar, para practicar podemos empregar dúas cadeiras para os extremos e así podemos repetir todas as veces que queiramos.
#euficonacasa
#euquedonacasa
Corro da pataca (Música - Ed. Física)
Enviado por Anónimo o Mér, 03/06/2020 - 19:14Para hoxe Pablo proponos o xogo do “Corro da pataca”.
En este vídeo que encontrei en Youtube, coa mesma cancións propoñen variantes, como vedes podemos inventar diferentes maneiras de desprazarnos.
Seguimos aumentando a nosa colección de “XOGOS CANTADOS” para mañá xa temos unha proposta nova, esperamos que vos guste!
#euficonacasa
#euquedonacasa
Don Federico (Música - Ed. Física)
Enviado por Anónimo o Mar, 02/06/2020 - 12:55Olaaa!!! Hoxe toca un pouco de coordinación óculo-manual, potenciando a coordinación e a memoria, Clara preséntanos un xogo de palmas “Don Federico”, espero que vos guste e o practiquedes, é moi entretido, existen moitas variantes con respecto a letra e podemos realizar cambios nos movementos, xogar por parellas, tríos, grupos de catro, cinco,… xa sabedes que podemos modificar e complicar as actividades todo o que queiramos.
Buscando en Youtube encontrei este vídeo que se parece moito o que nos propón Clara na súa entrevista, podedes encontrar moitos máis…
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »