5º Primaria

Proxectos Acnur

Este ano formamos parte do Aprende Programando dentro do Plan Proxecta e estas foron as animacións e xogos de preguntas que levaron a cabo os nosos alumnos centrados no tema dos refuxiados.

ÁNXELA BUSCA REFUXIO


Acnur cambia o destino dos refuxiados

 

Xogo de preguntas do río Lameira

Amósalle aos nenos de 5º, que prepararon este xogo de preguntas, todo o que sabes sobre o río Lameira.

NA ERMIDA DE SAN SIMÓN

Como podiamos ir á Illa de San Simón e non pasar pola Ermida onde Mendiño compuxo no s. XIII a máis célebre das súas cantigas e alí diante de San Simón recitalas, polo menos un anaco.

Debate na beira

O noso primeiro debate, cheo de erros tanto técnicos como estruturais, mais cremos firmemente no valor educativo dos erros; o contrario para unha primeira vez ata sería contraproducente.

Que mellor lugar para un debate sobre un tema tan de moda entre os alumnos do noso colexio coma o céspede artificial que a sala de mestres.

IA á beira do Lameira

Mais que traballar a Intelixencia Artificial, do que se tratou é de mellorar cos nenos dende a Expresión Escrita a "Descripción".  Canto mellor estaba feita a descripción do que eles querían que aparecese no cartel, mellor entendía Ideogram o que se pretendía, que tal é a ferramenta AI que usaron, e mellor xeraba as imaxes.

A actividade, pensada para o 1º de Abril, tiña como obxectivo secundario o profundizar nas mensaxes publicitarias, por iso se tentou de dar un significado ambiguo e aberto ás mesmas, que fosen os  lectores, os que sacaran a súa propia mensaxe...

Como non foi posible o 1º de Abril, o 5 de Xuño, día do Medio Ambiente, era unha data axeitada

Para poder velo en pantalla completa preme no video esta icona 

 

Por Narises

"Por Narises" está pensado para levar ao Certame Ai Mosa, de Moaña.  Baseado nun vello conto popular galego do que con anterioridade xa fixeramos unha curta, hai anos.  Esta curta é por tanto, en toda regra, un remake.

Gravada á beira do Río Lameira e a carón do muíño do Sequelo, grazas á amabilidade do señor José, que nos deixou a leira anexa para gravar. Ás agrícolas ferramentas foron aportadas por María a coidadora e Laura, a profe de AL.

Agora temos que traballar sobre ela para ver de analizar o Raccord e a montaxe, para futuros proxectos.

AI MOSA 

Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (IX)

Na parroquia de Mogor, no lugar das Sete Espadas, cada ano polo 26 de Xullo levase a cabo a festa das Sete Espadas e de Santa Ana.  En tempos nos arredores da pequena igrexa que alí hai, celebrábase unha importante romaría.

Fixádevos, como apunta Mateo de 5º, o xeito en que se vendían no afastado 1960 as rosquillas nas romarías galegas.

 

Poesía na beira

Cada vez ímonos achegando máis a poder facer programas en directo con case pouca postproducción posterior, como é o caso deste primeiro "Poesía na beira", do que esperamos que veñan moitos máis.  Hoxe cunha invitada moi especial a poesía de Curros Enríquez.

X Certame de Relato Curto das Fanpas de Pontevedra

Tódolos anos temos a sorte que algún dos nosos alumnos estea, cando menos, entre os finalistas deste prestixioso certame provincial para nenos.  Este ano o elixido foi Darío Pereira Omil, polo seu relato "Una tarde calquera".

Aquí tedes ao noso alumno co diploma, e o que é máis importante co libro onde aparece o seu relato.

Xornada de iniciación ao remo

A semana pasada, tivemos a oportunidade de coñecer a dúas grandes deportistas do club de remo da ría de Marín.

Explicáronnos brevemente a teoría e despois fixemos unha práctica no remoergómetro aplicando a técnica correcta.

 

Obradoiro de Cine: Planos (I)

No noso obradoiro de linguaxe audiovisual o primeiro que fixemos é traballar cos planos segundo a posición que ten a cámara con respecto aos actores.

Os planos que aquí aparecen son o NADIR, CENITAL, CONTRAPICADO E PLANO NORMAL. 

1.  Poderiades dicir cal é cal?

2. Que plano de situación falta?

 

Hai un "plano intruso", pois non é de situación....

3. Poderiades dicir como se chama esoutro plano?

a)

b)

c)

d)

e)

As palabras máis fermosas

Unha actividade promovida polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega para que celebrando o día das Letras galegas nos decatemos do tesouro que encerra a nosa lingua. Unha vez coñecida a técnica para a producción de chapas foron en cadea.  O difícil foi escoller unha palabra entre o rico léxico do galego, o de plasmalas non tanto, porque contamos cuns auténticos artistas.

O río que quería ser humano

Non só traballamos a Banda Deseñada ao uso antigo (lapis, goma, rotulador...) tamén utilizamos as novas tecnoloxías como é o caso desta historieta que dentro do noso Proxecto Integrado deste ano "O noso Lameira, un río de vida" levamos adiante dende a ferramenta dixital MakeBeliefsComix.org

Educación afectivo-sexual en 5º de primaria

Os días pasados tivemos dúas sesións en 5º de primaria cunha introdución á educación afectivo-sexual, seguindo o programa do Colexio do Benquerer da Fundación Meniños. Para este propósito utilizamos a actividade de título "O nome correcto", que ten por obxectivo nomear correctamente as partes do corpo humano, tanto masculino como feminino. O alumnado participou con moito interese, e aquí queda unha mostra do seu coñecemento previo.

Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (IV)

Seguen chegando fotos das casas para Ponte nas Ondas. Desta vez tratase dunha foto do avó de Roberto Santos Pol e nela está o xénese dunha coñecida comparsa marinense, o Xarángallo Mángallo en 1961, nunha divertida marcha ciclista.

Traballamos a Banda Deseñada con Palop

Na época dourada do cómic infantil para nenos os dous centros por antonomasia do cómic español foron Barcelona coa Editorial Bruguera e Valencia ao redor da Editorial Valenciana. Desta última escola de historietistas proviña José María Palop Gómez, máis coñecido como "Palop"

Concurso escolar de debuxo "Los Cereales"

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), promoveu, coa colaboración de diversas entidades, o concurso escolar de debuxo “Os cereales”, no marco do “Ano Internacional do Millo Miúdo”, declarado pola Organización Nacional das Nacións Unidas. Neste concurso participaron os nosos alumnos cara ao primeiro trimestre, pero foi agora cando chegaron os diplomas aos premiados. Un traballo realizado dende a aula de plástica.

Concurso: E ti que pensas da igualdade?

Estes son tódolos traballos presentados a concurso da Deputación onde tivemos a sorte de ser premiados cunha tira de Noelia García del Río.

 


 

Manoli farmacéutica

"Manoli farmacéutica" non é outra cousa que a actualización da personaxe histórica de Manuela Barreiro en forma de tira de banda deseñada.  Manuela Barreiro foi elexida como a persoa a quen homenaxear este ano polo 8-M. A técnica de cor utilizada é tipica nas produccións de Bruguera ata os anos 70, o bicolor, neste caso cun color inusual naquelas produccións como é o MORADO.

Contacontos "As Chaves de Lu"

Onte tivemos outras das actividades programadas para o celebrar as Letras galegas. Como xa vos dixemos, este ano a conmemoración é a Luisa Villalta, por iso Raquel Queizás veu a contarnos “As chaves de Lu”. Desfrutamos dunha xornada moi divertida todo o cole xunto e ata algún dos nosos compañeiros e compañeiras sacou o seu lado máis actor e actriz! 

 

 

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.