Documentos
PLAN DIXITAL 2024
Enviado por josean o Xov, 07/11/2024 - 18:13PXA 2024/2025
Enviado por Ruth o Mér, 23/10/2024 - 09:38Achegamos a PXA aprobada no Consello Escolar celebrado o día 22 de outubro de 2024.
Protocolo sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos
Enviado por Ruth o Lun, 08/01/2024 - 13:30
Orde de 4 de xaneiro de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos.
No noso centro, o 14 de novembro de 2023 foi aprobada, en Consello Escolar, a seguinte norma que se recolle nas Normas de organización e funcionamento do centro:
ASUNTO: Normativa para regular o uso dos dispositivos telefónicos e electrónicos que poidan captar, gravar ou compartir imaxes e sons
Dende o CEIP Sequelo- Marín recomendamos non acudir ao centro con dispositivos telefónicos ou electrónicos que poidan captar, gravar ou compartir imaxes e sons, pero comprendemos que para algunhas familias son considerados como elementos de seguridade, polo que o alumnado poderá acudir ao centro cos dispositivos mencionados, sempre e cando os manteñan apagados. En caso de detectarse o seu uso dentro do recinto escolar, o aparato será requisado e gardado pola dirección do centro, que avisará ás familias para que veñan a recollelos.
O centro non se responsabilizará da perda, roubo ou deterioro dos dispositivos telefónicos ou electrónicos que poidan captar, gravar ou compatir imaxes e sons cos que acudan ao centro.
No caso das saídas complementarias, estes dispositivos non estarán permitidos, debendo quedar custodiados no centro.
Os dispositivos tecnolóxicos que se empreguen de forma pedagóxica sempre serán aportados polo centro.
Terase en conta a seguinte normativa:
Lei 3/2018 do 5 de decembro, De Protección de datos persoais e garantías dos dereitos dixitais
Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a lei de convivencia.
Plan de Traballo da Coordinación de Benestar e Convivencia
Enviado por Ruth o Mér, 04/10/2023 - 09:43O Plan de traballo recollido na ORDE do 23 de agosto de 2023 pola que se establece a figura da persoa coordinadora de benestar e convivencia nos centros docentes de Galicia poderedes consultalo aquí.
Proxecto Lingüístico de Centro
Enviado por Ruth o Mér, 04/10/2023 - 09:40Aquí poderedes consultar o Proxecto Lingüístico de centro
PROCEDEMENTO DE REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS
Enviado por Ruth o Mar, 26/09/2023 - 09:50De acordo coa ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a Ordenación e o Currículo da Educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
O procedemento de revisión no centro é o seguinte:
As nais, os pais ou as persoas titoras legais do alumno que non estean de acordo coas cualificacións finais ou decisións de promoción adoptadas na avaliación final, poderán solicitar cantas aclaracións consideren precisas á persoa titora ou ao profesorado. Segundo o recollido neste documento.
No caso de que persista o desacordo poderán solicitar por escrito á dirección do centro a revisión da devantida cualificación ou decisión, no prazo de dous días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel en que se produciu a súa comunicación.
REVISIÓN CUALIFICACIÓN FINAL
As nais, os pais ou as persoas titoras legais do alumno que non estean de acordo coas cualificacións finais poderán presentar reclamación por escrito ante dirección, quen lla derivará ao titor ou titora que o comunicará ao equipo docente.
No prazo máximo de dous días hábiles dende a finalización do prazo de presentación de reclamacións, o equipo docente, nunha sesión extraordinaria, analizará as reclamacións presentadas e elaborará un informe no que se recolla a descrición dos feitos e as actuacións previas, así como a decisión adoptada de ratificar ou modificar a cualificación final obxecto de revisión.
O equipo docente analizará o informe elaborado pola persoa docente que impartiu a área obxecto de revisión e contrastará as actuacións seguidas no proceso de avaliación da alumna ou do alumno co establecido na programación didáctica. Estas actuacións deberán recollerse nun informe con especial referencia aos seguinte aspectos:
- Adecuación dos contidos e criterios de avaliación.
- Adecuación dos procedementos e instrumentos de avaliación.
- Correcta aplicación dos criterios de cualificación establecidos na programación didáctica.
- Decisión motivada da ratificación ou modificación da cualificación final obxecto da revisión.
O equipo docente trasladará á dirección do centro o informe quen emitirá resolución coa decisión razoada. Esta resolución comunicarase por escrito ao pai, á nai ou á persoa titora legal no prazo máximo do día lectivo/hábil seguinte. Esta decisión porá fin ao procedemento de revisión das cualificacións finais.
REVISIÓN DA PROMOCIÓN
Cando a solicitude re revisión teña por obxecto a decisión da promoción ou titulación adoptada para un alumno ou alumna, celebrarase unha reunión extraordinaria no prazo máximo de dous días lectivos/ hábiles, dende a finalización do período de solicitude de revisión. Na reunión revisarase o proceso de adopción de dita medida, tendo en conta as alegacións realizadas.
A acta da sesión extraordinaria recollerá a descrición dos feitos e actuacións previstas.
O equipo docente trasladará á dirección do centro o informe quen emitirá resolución coa decisión razoada. Esta resolución comunicarase por escrito ao pai, á nai ou á persoa titora legal no prazo máximo do día lectivo/hábil seguinte. Esta decisión porá fin ao procedemento de revisión da decisión de promoción.
No caso de que esta revisión dese lugar á modificación dalgunha cualificación ou decisión, a persoa titular da secretaría, co visto bo da dirección do centro, anotará nas actas de avaliación, e no seu caso, no expediente e historial académico, a oportuna dilixencia.
Os interesados teñen dereito a unha copia do expediente de revisión, que se lle remitirá, preferentemente, en formato dixital. De persistir o desacordo poden presentar a solicitude de reclamación ante a xefatura territorial.
Programacións didácticas 2024/25
Enviado por Ruth o Mér, 20/09/2023 - 20:07A continuación poden atopar as programacións didácticas dos diferentes cursos do CEIP Sequelo- Marín. Aparecen clasificadas por etapas, niveis e materias.
ETAPA EDUCACIÓN INFANTIL
ETAPA EDUCACIÓN PRIMARIA
Concreción Curricular 2024-2025
Enviado por Ruth o Xov, 07/09/2023 - 15:47Plan de autoprotección
Enviado por Ruth o Mér, 03/05/2023 - 13:03Plan de Igualdade
Enviado por Ruth o Mér, 03/05/2023 - 13:03Plan de atención á diversidade
Enviado por Ruth o Mér, 03/05/2023 - 13:02Aprobado polo Claustro e Consello escolar o día 14/11/2023.
Proxecto Educativo
Enviado por Ruth o Mér, 03/05/2023 - 13:01Normas de Organización e Funcionamento
Enviado por Ruth o Mér, 03/05/2023 - 13:00Concreción Curricular 2022-2023
Enviado por Ruth o Mér, 30/11/2022 - 10:24PXA 2022-2023
Enviado por Ruth o Ven, 04/11/2022 - 12:40PLAN DIXITAL DE CENTRO
Enviado por josean o Dom, 09/10/2022 - 23:07Documentos de centro (2022-2023)
Enviado por xose o Mér, 01/06/2022 - 08:53Procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción.
CONCRECIÓN CURRICULAR 2022-2023
Enlace á Concreción Curricular
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL (PXA)
PLAN DIXITAL DE CENTRO
Instrucións para o curso 2022-2023 (Resolución 26 maio 2022)
Resolución do 26 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2022-2023.
Modificacións Concreción Curricular Curso 2021-2022
Enviado por Anónimo o Ven, 20/05/2022 - 13:43Conforme a ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, modifícase a concreción curricular.
Esta modificación está dispoñible no arquivo adxunto.
PROENS - Manual de Usuario
Enviado por xose o Lun, 21/03/2022 - 13:04Xa está dispoñible para o profesorado na web da Consellería o Manual de usuario da aplicación PROENS, de uso obrigatorio o vindeiro curso para elaborar programacións.