Secretaría
PLAN DIXITAL 2024
Enviado por josean o Xov, 07/11/2024 - 18:13Calendario escolar curso 24/25
Enviado por Ruth o Xov, 24/10/2024 - 09:54
As actividades lectivas iniciaranse os días 11 de setembro de 2024, e rematarán o día 20 de uño de 2025, ambos os dous inclusive.
Os periodos de vacacións serán:
- Nadal: desde o día 23 de decembro de 2024 ata o 7 de xaneiro de 2025.
- Entroido: días 3, 4 e 5 de marzo de 2025
- Semana Santa: desde o día 14 de abril ao 21 de abril de 2025, ambos inclusive.
Non serán lectivos:
- 31 de outubro de 2024: Día do Ensino
- 9 de decembro de 2024 e 2 de maio de 2025: días de conveniencia pedagóxica
Poderedes atopar máis información no apartado 3.9 da PXA aprobada en consello escolar o 22 de outubro de 2024
REUNIÓN FAMILIAS INICIO CURSO 2024-2025
Enviado por Belen o Mér, 04/09/2024 - 10:20
E. Infantil |
HORA |
CURSO |
Luns 9 de setembro |
12:30 |
4º curso (3 anos) |
|
13:00 |
5º curso (4 anos) |
|
13:30 |
6º curso (5 anos) |
E. Primaria |
HORA |
CURSO |
Martes 17 de setembro |
16:00 |
2º |
17:00 |
1º |
|
18:00 |
3º |
|
Martes 24 de setembro |
16:00 |
5º 4º |
17:00 |
6º |
HORARIO SECRETARÍA XULLO
Enviado por Belen o Mar, 02/07/2024 - 12:14HORARIO SECRETARÍA XULLO (DO 1/07 AO 15/07)
DE 10:00 A 13:00 HORAS
Prazos Fondo Libros e material escolar- Entrega de vales
Enviado por Belen o Sáb, 22/06/2024 - 08:18Prazos estimados para o procedemento de participación no fondo solidario
de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto e material
escolar
VENRES 21/06: ÚLTIMO DÍA PARA ENTREGAR
SOLICITUDES
MARTES 25/06: PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS
DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS
26/06 E 27/06: RECLAMACIÓNS
28/06: LISTAXE DEFINITIVA
1/07 AO 12/07: ENTREGA DE VALES (DE 10:00 a 12:00
HORAS)
2/09 AO 6/09: ENTREGA DE VALES (DE 9:00 a 10:00
HORAS)
-
OS LIBROS DE TEXTO ENTREGARAOS O TITOR/A A
-
PRIMEIRA SEMANA LECTIVA
MATRÍCULA CURSO 2024-2025
Enviado por Belen o Ven, 21/06/2024 - 07:30DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
1- FORMULARIO QUE SE ENTREGA NA SECRETARÍA.
2- FOTOCOPIA DNI ALUMNO/A, PAI, NAI OU TITORES LEGAIS.
3- FOTOCOPIA TARXETA SANITARIA.
4- 4 FOTOGRAFÍAS TIPO DNI.
DATA DE PRESENTACIÓN: DENDE O DÍA 20 ATA O 30 DE XUÑO.
CUMPRIR HORARIO DE SECRETARÍA.
Fondo Solidario Libros de Texto e Axudas para adquirir Libros de Texto e Material Escolar
Enviado por Belen o Mar, 21/05/2024 - 09:08Dende hoxe ata o 20 de xuño poden solicitar as axudas de libro de texto e material escolar.
No arquivo adxunto poden descargar a solicitude e presentala presencialmente no centro ou na web https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B
O horario de secretaría para entregar a solicitude é de luns a venres 9:00 a 9:45 de luns a venres e de 13:05 a 14:00 de martes a venres.
Se algunha familia precisa outro horario que contacten co correo do centro.
Listaxe provisional admitidos curso 2024-2025
Enviado por Belen o Ven, 26/04/2024 - 11:29As solicitudes de admisión presentadas no noso centro para Educación Primaria están todas admitidas.
As solicitudes de admisión presentadas para Educación Infantil hai que consultalas no taboleiro.
Poden ver as listaxes no taboleiro da secretaría do centro cumprindo o seu horario (de luns a venres de 9:00 a 9:55 horas e de martes a venres de 13:10 a 14:00 horas).
PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN- ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-2025
Enviado por Belen o Ven, 22/03/2024 - 09:45ANUNCIO DE APERTURA DE PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN LISTAXE DE SOLICITUDES A BAREMAR - CURSO 2024/2025
Dada a insuficiencia de postos escolares dispoñibles para atender todas as solicitudes de admisión, de 4º de E. Infantil, presentadas para o curso 2024/2025 e de conformidade co disposto no artigo 30.2 da Orde de 21 de outubro de 2022, ábrese un prazo de 10 días hábiles (do 2 ao 15 de abril) para a presentación, de forma presencial, da documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados para realizar a valoración e establecer a orde de prelación das solicitudes presentadas no noso centro.
Proceso de admisión e prazas vacantes curso 2024-2025
Enviado por Belen o Mér, 28/02/2024 - 13:43O prazo de presentación de solicitudes para o novo alumnado comeza este venres 1 de marzo e remata o mércores 20 de marzo de 2024.
Poden facer a solicitude en liña (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) ou obter os impresos de xeito presencial na Secretaría do centro en horario de atención ao público. (De luns a venres de 9:05 a 9:50 e martes de 17:00 a 18:00 horas).
Deberán achegar debidamente cumprimentado o Anexo II e o Anexo II-bis (Impreso ED550B) dispoñible no arquivo adxunto.
DOCUMENTACIÓN XERAL NECESARIA:
- Fotocopia do Libro de familia (ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar).
- Fotocopia DNI dos proxenitores
- Copia da Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou Convenio regulador onde conste a custodia do menor (se é o caso).
- Certificado de convivencia dos membros computables da unidade familiar, que deberá indicar a data de alta e estar expedido no ano natural anterior ao inicio do prazo de presentación de solicitudes.
O impreso deberá ser asinado por os dous proxenitores (ou titores legais).
Lembramos que o servizo de comedor está xestionado pola ANPA Aidón e o alumnado interesado deberá formalizar posteriormente a petición de dito servizo.
No mes de maio sairá aaxuda para material e libros de texto (comunicaremos por esta vía do prazo)
Outros prazos do procedemento:
Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: 25 de abril de 2024
Publicación das listaxes definitivas: 15 de maio de 2024
Prazo para formalizar a matrícula en educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño de 2024
Prazo para formalizar a matrícula na ESO: do 23 de xuño ao 7 xullo de 2024
NORMATIVA DO PROCEDEMENTO:
-
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
-
Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
OFERTA DE PRAZAS VACANTES CURSO 2024-2025
EDUCACIÓN INFANTIL:
4º CURSO: 5 PRAZAS
5º CURSO: 0 PRAZAS
6º CURSO: 0 PRAZAS
EDUCACIÓN PRIMARIA:
1º CURSO: 7 PRAZAS
2º CURSO: 3 PRAZAS
3º CURSO: 2 PRAZAS
4º CURSO: 3 PRAZAS
5º CURSO: 1 PRAZAS
6º CURSO: 0 PRAZAS
Reservas de matrícula curso 2024-2025
Enviado por Belen o Mér, 21/02/2024 - 13:30Estimadas familias:
As reservas de matrícula que presentaron para este centro foron todas admitidas.
Mais adiante publicaremos as datas para a matrícula (xuño).
CAPTACIÓN DE IMAXES NO ENTROIDO DO CEIP SEQUELO
Enviado por Ruth o Ven, 09/02/2024 - 14:07Información para ás familias en relación coa captación de imaxes realizada polas nais, pais e outros familiares con motivo da celebración de eventos no centro
Conforme ao disposto na normativa vixente en materia de protección de datos persoais, as persoas asistentes ao Entroido do CEIP Sequelo-Marín poderán gravar imaxes do evento exclusivamente para o seu uso persoal e doméstico. A difusión das imaxes captadas polas familias e demais asistentes fóra do ámbito privado, familiar ou de amizade, por exemplo, mediante a súa publicación na Internet accesible en aberto, será responsabilidade única daqueles que leven a cabo a devandita comunicación, que requiriría o consentimento de todas as persoas afectadas.
Graciñas por acomparños, pola vosa colaboración cos soborosos postres e desexámosvos un bo Entroido.
Cualificacións en Abalar
Enviado por Belen o Mar, 19/12/2023 - 09:17As cualificacións desta avaliación comunicaranse a través de Abalar, este xoves 21 de decembro.
É convinte ter a aplicación de Abalar actualizada.
Non obstante, se algunha familia non tivera Abalar, pode solicitar o boletín de cualificacións ó titor ou titora.
HORARIO DE DEDICACIÓN AO CARGO DO EQUIPO DIRECTIVO
Enviado por Belen o Xov, 26/10/2023 - 12:49
HORA |
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
09:00 A 09:55 |
SECRETARIA DIRECTORA |
SECRETARIA DIRECTORA |
SECRETARIA DIRECTORA |
SECRETARIA DIRECTORA |
SECRETARIA DIRECTORA |
13:05 A 14:00 |
|
DIRECTORA |
DIRECTORA |
|
DIRECTORA |
AUTORIZACIÓN RECOLLIDA ALUMNADO POR TERCEIRAS PERSOAS
Enviado por Belen o Ven, 08/09/2023 - 08:01ESTIMADAS FAMILIAS:
ADXUNTO OS MODELOS DE:
1- AUTORIZACIÓN PARA RECOLLER Ó ALUMNO/A Á SAÍDA DO CENTRO POR UNHA TERCEIRA PERSOA.
2- AUTORIZACIÓN PARA QUE O ALUMNADO DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA POIDA IR SOLO PARA CASA.
DÉBESE PRESENTAR Ó TITOR/A, NA SECRETARÍA OU POR CORREO ELECTRÓNICO (ceip.sequelo.marin@edu.xunta.gal) ADXUNTANDO A FOTOCOPIA DO DNI DA PERSOA AUTORIZADA.
Xa estamos de volta! Horario recollida VALES
Enviado por Belen o Ven, 01/09/2023 - 15:17
HORARIO RECOLLIDA VALES DE MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO:
- SEMANA DO 4 AO 7 DE SETEMBRO: DE 9:15 A 10:00 HORAS E DE 12:30 A 13:45 HORAS.
- A PARTIR DO 11 DE SETEMBRO: DE 9:10 A 9:45 HORAS, DE LUNS A VENRES E OS MARTES DE 17:00 A 18:00 HORAS.
PODEN AUTORIZAR A OUTRA PERSOA, PRESENTANDO A AUTORIZACIÓN POR ESCRITO XUNTO COA COPIA DO DNI DO TITULAR DO VALE (PAI, NAI, TITOR/A LEGAL DO ALUMNO/A).
Listaxe de material Educación Infantil- curso 2023-2024
Enviado por Belen o Lun, 26/06/2023 - 14:22A REUNIÓN COAS FAMILIAS SERÁ A SEMANA ANTES DO COMEZO DAS CLASES (AVISAREMOS TELEFÓNICAMENTE CON 2-3 DÍAS DE ANTELACIÓN)