Complementarias
Concurso de Maios e Embarcacións 2023
Enviado por inesduran o Xov, 04/05/2023 - 20:14Resumo da participación no concurso de Maios e embarcacións 2023,
Maio Mariñeiro Embarcación Xiana
- 1º premio en Coroa e 2º en construción para o Maio Mariñeiro
- Tres 3º premios para a embarcación Xiana en: letra, intrepretación e construcción.
- Premio especial en recoñecemento no seu labor ao noso profesor José Antonio.
Grazas tamén ao profesor Ramón
pola súa aportación na participación da embarcación Xiana.
Agradecemento moi especial á participación da ANPA
Obradoiro de Ecopercusión 2023
Enviado por Anónimo o Dom, 12/03/2023 - 20:52Un ano máis o alumnado de 5º e 6º participou no obradoiro de "Ecopercusión" (percusión con materiais de reciclaxe) a cargo do profesor Didier Díaz.
Como podedes comprobar pasárono xenial, ao mesmo tempo que reforzaron a temática do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"; tamén podemos facer música Reciclando, Reutilizando e Reducindo.
Desfile de comparsas, baile e degustación de lambetadas. Entroido 2023
Enviado por Anónimo o Mér, 22/02/2023 - 18:15Celebramos o Entroido 2023 facendo comparsas, desfilando polas rúas de Marín e actuando na alameda coas cancións que crearon coa temática do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!".
"Velorio da Sardiña" na Biblioteca. Entroido 2023
Enviado por Anónimo o Mér, 15/02/2023 - 00:00O "Ateneo Santa Cecilia" en colaboración co Concello de Marín, están a traballar para que o tradicional "Enterro da Sardiña" sexa declarado Festa de Interese Turístico de Galicia.
Pois para que nos enteremos un pouquiño mellor da historia antiga e recente deste "enterro", tivemos unha charla divulgativa impartida por Lois González e Celso Méndez, do Ateneo Santa Cecilia.
Festa de Nadal 2022
Enviado por Anónimo o Xov, 29/12/2022 - 10:36Así rematamos o primeiro trimestre do curso:
Primeiro recibindo a visita de Mary Poppins, que pasou polo cole para saudarnos e desexarnos unhas Boas Festas, mellor dito "Merry Christmas".
Tamén Papá Noel fixo un recorrido polo colexio, saudando a todas as clases.
Para rematar tivemos unha festa coas "Badaladas 2023", chocolatada a cargo da ANPA AIDÓN, e baile e festa ata cansarnos.
Boas festas a todos!!!
Vémonos no 2023!!!
Visita á Biblioteca Municipal, ao Museo e ao Concello.
Enviado por Miguel o Mér, 30/11/2022 - 20:18Onte, 29 de novembro, o alumando de 1º e 2º de primaria visitaron a Biblioteca Municipal, o Museo Manuel Torres e o Concello. Unha actividade relacionada co coñecemento da contorna onde viven os rapaces. Os nosos agradecementos polo recebemento tan amable e cariñoso nos tres lugares onde estivemos.
Teatro " La aventura de aburrirse"
Enviado por Miguel o Mar, 22/11/2022 - 22:16Hoxe os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria disfrutaron, xunto cos profes dunha fantástica obra de teatro titulada "La aventura de aburrirse" en Afundación-Pontevedra.
Déixovos un resumo desta obra: Rita é unha nena, que a pesares de ter moitos xoguetes, sempre se aburre e non sabe xogar soa. Pero un día na casa da súa avoa, cun simple patiño de goma, empeza unha aventura que a levará a viaxar coa imaxinación ao mundo das cores, descubrindo personaxes sorprendentes…
E agora siempre quere ir a casa da avoa para aburrirse un ratiño.
Este espectáculo pretende motivar a creatividade dos nenos e nenas, así como reflexionar sobre a xestión do tempo e a cantidade de xoguetes e regalos que teñen na casa.
Magosto 2022
Enviado por Anónimo o Dom, 20/11/2022 - 13:27O pasado día 11 de novembro, celebramos o tradicional Magosto no CEIP Sequelo.
O día presentouse estupendo, facendo honra ao tradicional "veranillo de San Martiño", houbo xogos tradicionais e castañas a fartar.
Mentras os nenos e nenas xogaban cos mestres, a ANPA Aidón ocupouse de asar as castañas.
Por certo o xogo do "trompo", resultou todo un éxito; a ver se o recuperamos e como di o refrán volvemos a ver "polo San Martiño trompos ao camiño".
Que máis se pode pedir!!! Qué ben o pasamos!!!
Samaín 2022 no CEIP Sequelo
Enviado por Anónimo o Mar, 01/11/2022 - 13:58Deixamos un pequeno vídeo resumo das actividades de Samaín 2022 que se realizaron no colexio en colaboración coa ANPA Aidón e coa ampla participación da comunidade escolar.
Moitas grazas pola vosa implicación, sin a colaboración de todos este tipo de actividades non sería posible.
Pasámolo de medo!!!
O xogo da miñoca
Enviado por Miguel o Xov, 27/10/2022 - 14:00O alumnado de 1º segue aprendendo a coidar do planeta. Desta vez separamos o lixo. Grazas ao xogo da miñoca da Deputación de Pontevedra, xa sabemos que tipo de materia orgánica podemos levar ao composterio. Esta actividade pertence ao Plan Revitaliza. O Plan Revitaliza, iniciado en 2015, pretende impulsar un modelo de residuos baseado na compostaxe e no tratamento a quilómetro cero dos biorresiduos municipais. A súa razón de ser é que os concellos da provincia cumpran os obxectivos fixados na normativa europea, estatal e autonómica en canto a porcentaxes de residuos orgánicos recollidos e aproveitados.
Actividades complementarias maio-xuño 2021
Enviado por xose o Ven, 06/05/2022 - 12:13Para os meses de maio e xuño temos programadas as seguintes actividades complementarias:
13-17 maio : Excursión fin de curso alumnado de 6º curso.
18 maio: Actuación da agrupación folklórica "Fentos e frouma"
19 de maio: Visita ao composteiro próximo á nosa escola, con guía da asociación Revitaliza.
20 maio: Obradoiro de barro para 4º, 5º e 6º de primaria.
24 de maio: Contacontos "Polo correo do vento" para alumnado de 1º a 3º de primaria.
26 de maio: saída a Marín cun maio, alumnado de 5º curso.
31 de maio: Actividade de Educación Vial, para 6º de primaria.
3 de xuño: Saída polo río Lameira (Día mundial do medio ambiente)
6-7 de xuño: Excursión de 3º e 4º cursos a Campolameiro.
xuño (día por confirmar): Saída sendeirismo ao monte Pituco.
Actividades de Nadal 2021
Enviado por Anónimo o Xov, 23/12/2021 - 11:24Aínda que non puido ser un final de trimestre como tiñamos por costume facer ao chegar estas datas, si que puidemos facer unha despedida por todo o alto grazas á colaboración da ANPA AIDÓN, ao Concello de Marín e a todo o profesorado do centro.
Deixamos nestes vídeos un pequeno resumo das actividades realizadas; e aproveitamos para desexarlle unhas Boas Festas e un Próspero Ano 2022 a toda a comunidade escolar.
Vídeo 1: Visita de Papá Noel, Mago Paco, chocolatada, entrega de premios do "Concurso de Adornos de Nadal".
Vídeo 2: O coro da profe Dona Inés alegrounos a mañá cantando estas panxoliñas.
Vídeo 3: Entrega dos premios do "Concurso de Tarxetas de Nadal 2021"
21 MARZO: DÍA MUNDIAL DA POESÍA "Versos compartidos"
Enviado por Anónimo o Mér, 17/03/2021 - 21:30A UNESCO, no ano 1999 decidiu declarar o 21 de marzo como o Día Mundial da Poesía. Buscábase apoiar a diversidade lingüística e promover a ensinanza da poesía, a tradición oral dos recitais poéticos e darlle visibilidade á poesía como arte de expresión.
No CEP SEQUELO queremos celebralo o vindeiro luns, 22 de marzo mediante a actividade "Versos compartidos"
En cada clase trabállanse un ou dous poemas. Os nenos "maiores" son os padriños lectores dos máis pequenos. Na hora de ler intercambiamos recitados de poemas, gardando, por suposto, as normas do protocolo Covid-19.
No seguinte mural Padlet poremos unha mostra do que imos facer pero está aberto á participación de todos e todas. Dende a casa, dende onde queirades podedes subir as vosas gravacións, vídeos, fotos, textos de poemas propios ou de autor recoñecido. Só tendes que pinchar no + e subir o voso arquivo. Anímate!
Levántate Maio 2020 (8)
Enviado por inesduran o Lun, 04/05/2020 - 00:19MAIOS DO SEQUELO
2020
Breve resumo dos maios do Sequelo.
Grazas a todos por participar
nesta festa do 1 de maio.
Xuntos mantemos as tradicións
Levántate Maio...2020 (7)
Enviado por inesduran o Ven, 01/05/2020 - 13:25Coplas doutro maio do Sequelo
Ariadna e Diego mándannos estas coplas do seu maio caseiro 2020.
As estrofas animan a celebrar a festa aínda que sexa dende casa.
¡Está xenial! flores e cores para empezar o mes de maio.
Levántate Maio...2020 (6)
Enviado por inesduran o Xov, 30/04/2020 - 21:40Día 1 de Maio
Maio florido
Maio feito por Sofía de la Fuente, 6ºB
Grazas por animarte Sofía, unha coroa moi orixinal.
Non vos esquezades de entonar algunha copliña
e darlle ben aos paus.
Levántate Maio...2020 (5)
Enviado por inesduran o Mar, 28/04/2020 - 12:23Os Maios do Sequelo
Antía Cordal 5º............................................trenzou a espadaina.
Maio Confinado de Xoel......................Maio de Irene
Maio de Rubén.................................Maio Río Lameira de Irene
Maio Tristeiro de Elva............Maio Os Valentes do Sequelo de Dani
Maio Sanitario de Candela.......................co seu armazón
Pampullos e Fiuncho
Moito traballaron estes compañeiros.
Moitas Grazas polas vosas obras de arte.
¡MENUDOS ARTISTAS!
Levántate Maio...2020 (4)
Enviado por inesduran o Lun, 27/04/2020 - 18:39Ángel Sorbet de 6ºB fixo outro maio, unha manualidade feita con flores secas que atopou na casa.
Maios 2020.
Mirade que artista!
Outra manualidade lista para lucir na ventá na festa dos maios.
Levántate Maio... 2020 (3)
Enviado por inesduran o Ven, 24/04/2020 - 21:22Os Maios do Sequelo
Manualidades dende a casa
Vanse animando máis compañeiros no labor dos maios.
Mirade que artistas!
Xa están listos para poñer nas ventás
Levántate Maio... 2020 (2)
Enviado por inesduran o Ven, 24/04/2020 - 11:21Os Maios
Sequelo 2020
Maio enviado por Pablo Torres 5º
Xenial
¡¡Animádevos!!