PDI O noso Lameira, un río de vida
Debate na beira
Enviado por josean o Dom, 09/06/2024 - 23:07O noso primeiro debate, cheo de erros tanto técnicos como estruturais, mais cremos firmemente no valor educativo dos erros; o contrario para unha primeira vez ata sería contraproducente.
Que mellor lugar para un debate sobre un tema tan de moda entre os alumnos do noso colexio coma o céspede artificial que a sala de mestres.
IA á beira do Lameira
Enviado por josean o Dom, 09/06/2024 - 12:32Mais que traballar a Intelixencia Artificial, do que se tratou é de mellorar cos nenos dende a Expresión Escrita a "Descripción". Canto mellor estaba feita a descripción do que eles querían que aparecese no cartel, mellor entendía Ideogram o que se pretendía, que tal é a ferramenta AI que usaron, e mellor xeraba as imaxes.
A actividade, pensada para o 1º de Abril, tiña como obxectivo secundario o profundizar nas mensaxes publicitarias, por iso se tentou de dar un significado ambiguo e aberto ás mesmas, que fosen os lectores, os que sacaran a súa propia mensaxe...
Como non foi posible o 1º de Abril, o 5 de Xuño, día do Medio Ambiente, era unha data axeitada
Para poder velo en pantalla completa preme no video esta icona
Poesía na beira
Enviado por josean o Dom, 09/06/2024 - 00:16Cada vez ímonos achegando máis a poder facer programas en directo con case pouca postproducción posterior, como é o caso deste primeiro "Poesía na beira", do que esperamos que veñan moitos máis. Hoxe cunha invitada moi especial a poesía de Curros Enríquez.
Mural Interactivo
Enviado por josean o Mér, 17/04/2024 - 20:28Aproveitando o material dos circuitos de papel dos Polos Creativos, as tarxetas Makey Makey dos e os cables de boca de cocodrilo do Digicraft e traballando co Scratux dentro do Plan Proxecta os alumnos de 5º elaboraron estes murais interactivos dentro da PDI do centro "Río Lameira, un río de Vida", que foron a presentar aos seus compañeiros de cursos inferiores. Este vídeo é unha mostra deste traballo e débese á inmensa paciencia do mestre Miguel Seoane.
Xincana de Orientación en Briz
Enviado por inesduran o Mér, 17/04/2024 - 13:07Apípolis: Saída de 1º e Infantil
Enviado por inesduran o Mar, 19/03/2024 - 22:10Semana da Prensa: Prensa en Feminino
Enviado por inesduran o Ven, 08/03/2024 - 21:12Durante esta semana o noso alumnado traballou artigos de prensa relacionados coas mulleres traballadoras, as loitadoras, coa Igualdade.
Segundo os cursos utilizaron a prensa tradicional ou a dixital.
O tema principal foi proposto polo Concello:
As mulleres farmacéuticas;
pero tamén se escribiu
sobre aquelas mulleres traballadoras da Vila noutros sectores, por exemplo, os oficios relacionados co Río Lameira, deportistas, artistas...
Entre as páxinas deste xornal tamén se poden atopar pasatempos;
Visitas en 1º polo 8 de Marzo
Enviado por inesduran o Ven, 08/03/2024 - 13:54Kahoot sobre o río Lameira.
Enviado por Miguel o Xov, 07/03/2024 - 20:31O alumnado de 2º elaborou un Kahoot relacionado co PDI do colexio deste ano. Animádevos a facelo e a ver cantas preguntas respostades ben. Moita sorte!
Facede clic na imaxe:
Ou xogade directamente en formato pequeno poñendo o voso nome
Semana do Entroido
Enviado por inesduran o Sáb, 10/02/2024 - 12:26A Paz no CEIP Sequelo
Enviado por laurarialf o Dom, 04/02/2024 - 16:13Esta semana celebramos o día da paz representando o noso río Lameira nun mural que enchemos con barcos, paxaros e peixes con mensaxes de paz. Tamén cantamos varias canción: “It’s time to change” de Juanes e “Help!” dos The Beatles coa Teacher María e “Que canten los niños” de José Luis Perales coa profe Montse.
Aquí tendes as magníficas actuacións e algunhas imaxes do mural!
30 xaneiro, Día da Paz
Enviado por inesduran o Dom, 04/02/2024 - 13:49A pesca by Sebastián Pajariño Lamas
Enviado por josean o Ven, 02/02/2024 - 09:29O maior experto mundial do mundo da pesca do noso colexio tivo a ben expoñer todo o seu coñecemento tanto teórico coma práctico aos alumnos de 5º, que asistiron moi interesados a tan documentada charla, que incluiu ata demostracións prácticas da súa arte cos aparellos.
Unha moi interesante charla que posiblemente creará canteira.
Obradoiro de papiroflexia...
Enviado por inesduran o Dom, 21/01/2024 - 22:44Visita da Familia de Matilda de 1º
Enviado por inesduran o Lun, 04/12/2023 - 20:19Coidamos a Nosa Contorna
Enviado por inesduran o Dom, 19/11/2023 - 23:08Entrevistas na beira II: "Entrevista ao río Lameira"
Enviado por josean o Xov, 16/11/2023 - 22:18Hoxe e sen mollarnos como ten por costume, achegouse polo noso cole o Sr. Río Lameira e contoulles cousas moi interesantes da súa vida, aos curiosos reporteiros de 5º.
O traballo da escaleta está inspirado nunha historia de Gianni Rodari, "Brif, bruf, braf", do libro Contos por teléfono que os nenos están lendo.
Visitas polo 50 Aniversario
Enviado por inesduran o Lun, 06/11/2023 - 21:56As Lavandeiras da Noite
Enviado por josean o Dom, 05/11/2023 - 21:57Dentro do Mundo Mitolóxico Galego a personaxe que máis relación ten cos ríos é o das Lavandeiras. A personaxe é coñecida a través dun romance recollido en Cerdedo e que foi amplamente musicado con distintas melodías por grupos de folk. A melodía máis utilizada é esta que interpreta un dos nosos nenos.
Ollo: se te topas cunha delas observa en que dirección retorce a súa saba e imítaa.
Medo na noite (IV)
Enviado por josean o Dom, 05/11/2023 - 13:24En Silleda, hai unha ponte construída polo mesmísemo demo, a petición dos monxes do Mosteiro de Carboeiro.