Nadal
Na Residencia do Maior e no Illa de Tambo por Nadal...
Enviado por inesduran o Xov, 28/12/2023 - 20:12O pasado luns, día 18 do mes de Nadal,
un grupo de cantores da clase de Relixión e de 3º de inglés,
fixeron unha visita á Residencia do Maior de Marín.
Despois de mirar o Belén da Residencia
cantaron no Centro Comunitario
para lles desexar unhas boas festas.
onde algúns cursos de Relixión da ESO tiñan preparadas unhas panxoliñas.
Concursos de Nadal do Ateneo
Enviado por inesduran o Dom, 24/12/2023 - 00:47Recomendacións Lectoras
Enviado por inesduran o Sáb, 23/12/2023 - 13:16No GRUPO por Nadal
Enviado por inesduran o Sáb, 16/12/2023 - 18:31Concurso de Tarxetas de Nadal
Enviado por inesduran o Mér, 06/12/2023 - 00:13Preparando o Nadal
Enviado por inesduran o Lun, 27/11/2023 - 21:59O MES DE NADAL
Pandeiretas e cunchas, do máis tradicional na nosa Galicia.
Segue os enlaces ata o blogue de Biblioteca
Un novo Aguinaldo
Enviado por josean o Ven, 20/01/2023 - 00:02As conexións entre Portugal e Galicia, malia case 1000 anos de separación, son claras e fortes, especialmente no eido máis tradicional. E é que na procura delas topamos con esta Janeira que o Agrupamento de Escolas Afonso de Paiva de Castelo Branco, utilizaba en Xaneiro do 2022 para felicitar as festas.
O retrouso chamounos moito a atención porque en si non deixa de ser a canción popular de Marín "Os de Marín".
A partir desta Xaneira e doutras moitas de Portugal, e a través dunha estrutura común a xaneiras portuguesas, e maios e aguinaldos galegos, na clase de 6º crearon un aguinaldo novo, como se fixo dende que o mundo é mundo no eido tradicional, reelaborando o vello para darlle nova vida.
A Noitiña de Nadal
Enviado por josean o Xov, 19/01/2023 - 23:42Hai tempo recollerase este Nadal en Marín, un Nadal cuxa letra é un romance moi coñecido en toda Galicia, pero que en Marín adquiriu unha melodía propia. Un Nadal que se cantaba nas casas de Marín, pero que xa case ninguén coñece e dicimos case ninguén, porque Adriana Cambeiro de 3º si; na súa casa transmitírase de pais a fillos.
Adriana como sabía cantalo, enseñoullo aos de 6º que se botaron a cantalo, con algunha cousiña máis dos cantos de Reis que lles gustou.
Felicitamos as festas
Enviado por josean o Mar, 03/01/2023 - 16:14Felicitamos as festas a quen o merece, aos nosos maiores, logo de toda unha vida facendo que as nosas festas estivesen cheas de felicidade, agora é a nosa quenda para devolver inda que sexa un anaquiño e durante un intre moi pequeno.
Non é a primeira vez que o noso centro colabora en distintas actividades co centro Sociocomunitario, participando na súa festa de Nadal ou nos maios. O seu coro ten acudido repetidamente ao noso centro e o noso ao deles. Bo Nadal aos que o merecen!!
Festa de Nadal 2022
Enviado por Anónimo o Xov, 29/12/2022 - 10:36Así rematamos o primeiro trimestre do curso:
Primeiro recibindo a visita de Mary Poppins, que pasou polo cole para saudarnos e desexarnos unhas Boas Festas, mellor dito "Merry Christmas".
Tamén Papá Noel fixo un recorrido polo colexio, saudando a todas as clases.
Para rematar tivemos unha festa coas "Badaladas 2023", chocolatada a cargo da ANPA AIDÓN, e baile e festa ata cansarnos.
Boas festas a todos!!!
Vémonos no 2023!!!
Concerto de Nadal
Enviado por inesduran o Ven, 23/12/2022 - 12:58Nadal co I.E.S Illa de Tambo
Enviado por inesduran o Ven, 23/12/2022 - 12:20Panxoliñas co IES Illa de Tambo
O coro de Nadal do noso colexio
fixo unha saída andando ata
o noso centro adscrtito
IES Illa de Tambo.
Foi unha xornada de reencontros.
Convivencia e reencontros
cos compañeiros doutras nadales.
Enchemos de panxoliñas o salón de actos
nun concerto de Nadal no que todos participamos.
0 resón dos vilancicos
interpretados por alumnos e profesoras,
fixo do festival un bo comezo do Nadal
para todos os asistentes.
Saíu a pé dende o CEIP SEQUELO-MARÍN un grupo de alumnos de 3º-4º-5º-6º
Interpretaron catro panxoliñas:
Nadal de Luintra
Os anxeliños do Ceo
Adeste Fideles
Campana sobre campana
Presentando
Naiara e Iván de 6º
Moitas Grazas a todos pola vosa ilusión.
Ata o próximo ano.
Visitas ilustres!!
Enviado por Ruth o Xov, 22/12/2022 - 20:08No día de hoxe, os nenos e nenas do CEIP Sequelo- Marín puideron desfrutar da visita de Papá Noel e de Mary Poppins.
Papá Noel faloulles do frío de Laponia e dos renos, que estaban a beber no río Lamiera. Tamén se fixo algunha fotografía para que lles quedase o recordo.
Pola súa parte, Mary Poppins, parecía un pouquiño perdida polo centro, menos mal que estes nenos lle souberon axudar. Vaia nivel de inglés se gastan estes peques!!!
Concurso de Contos e Debuxos de Nadal Ateneo Sta Cecilia 2022
Enviado por josean o Xov, 22/12/2022 - 01:00Tódolos anos por estas datas é un pracer colaboraror co lonxevo Ateneo Cultural, no seu Concurso de Contos e Debuxos. Aos nosos alumnos failles ilusión e máis se algún deles ten a sorte de ser premiado como foi o caso de: Iria Tomé (2°) , Olivia Fernández (2°), Eira Veiga (2°) e Ramiro Bouzas (6º) no Concurso de Contos, e Roi Sánchez (2º), Adriana Cambeiro (3º) e Valeria Pazos (6º) no de Contos
Nadal no cole. Nadal 2022
Enviado por Anónimo o Mér, 21/12/2022 - 12:38Dentro das actividades que forman parte do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!, propuxémonos decorar o cole no Nadal, todo con materiais reciclados e feitos polo noso alumnado.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra:
- Tradicional concurso de "Tarxetas de Nada" co lema do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!.
- Manualidades creadas a partir de diversos materiais reciclados: Belén con cortizas, anxos con rolos, árbore de Nadal con cartóns de ovos.
- Actividade proposta pola ANPA Aidón: "Adornos navideños con caixas".
Demostrando así que un Nadal sostible tamén é posible!
Ciencia e Circo
Enviado por inesduran o Lun, 19/12/2022 - 21:54"A Gran Aventura do Corpo Humano"
Vigo acolle unha exposición interactiva
sobre o corpo humano.
Os cursos de 3º e 4º disfrutaron dunha xornada de ciencia
experimentando e divertíndose ao mesmo tempo.
Remataron a visita á exposición interactiva cunha representación no
Circo de Nadal.
Órganos xigantes do corpo humano
para ver e tocar.
Panxoliñas no EEI O Grupo
Enviado por inesduran o Xov, 15/12/2022 - 22:44VISITA AO EEI O GRUPO
Outro ano máis a visita ao EEI O Grupo
para cantar Panxoliñas,
resultou ser un estupendo encontro
cos mestres e os pequenos compañeiros deste centro.
Como presentadoras tivemos a,
Aitana de 6º e Sabela de 5º
Tivemos tempo para recordar rincóns nos que de pequeniños xogabamos
Os mestres do Infantil O Grupo,
convidáronos a unha dulce merenda
despois de cantar.
Empezamos cantando dúas Panxoliñas en galego,
logo dúas en castelán,
e os compañeiros de 2º interpretaron
unhas panxoliñas en inglés.
Tamén os neniños de Infantil
dedicáronos unhas panxoliñas
que fixeron as delicias de todos.
MOITAS GRAZAS
Ata o próximo ano.
Anxos de rolos de cartón
Enviado por inesduran o Lun, 05/12/2022 - 16:44Atendendo aos obxectivos de EDUsostenibilidade
R R R
fixemos un personaxe protagonista do Belén,
adiviñas cal é?
Atendendo aos obxectivos de EDUsostenibilidade
fixemos adornos con rolos de cartón
Seguindo estes enlaces atoparedes