Os maios
COPLAS DA ASCENSIÓN
Enviado por josean o Xov, 09/05/2024 - 23:46Hai tres anos recuperamos unha tradición dos maios de Marín que se perdera e malia a todo, cada ano cumprimos con ela. Deste ano cadrou moi preto do 1º o que dificultou todo, porque o noso barco dese día, o Río Lameira, quedou danado o día 1 e tivemos que levar ao Xiana que no traxecto tivo algún que outro desperfecto.
O Maio da Ascensión
Enviado por inesduran o Xov, 09/05/2024 - 22:52CONCURSO DE MAIOS
Enviado por josean o Xov, 02/05/2024 - 22:54Como cada ano, o 1º de Maio estivemos onde tiñamos que estar, sendo un centro educativo de Marín, na vila cantando o Maio e os ventos foron favorables.
COPLAS DO 1º DE MAIO
Enviado por josean o Xov, 02/05/2024 - 22:53Agora, xa pasado, o periodo de venta á vontade, podemos publicar as coplas deste ano. Sen dúbida algunha a máis interesante a do maio, fabricada polos alumnos de 5º no noso Obradoiro de coplas de Maio e que foi recompensada co primeiro premio no Concurso.
O Maio Mariñeiro do 50 Aniversario
Enviado por inesduran o Xov, 02/05/2024 - 21:39Concurso de Maios e Embarcacións 2023
Enviado por inesduran o Xov, 04/05/2023 - 20:14Resumo da participación no concurso de Maios e embarcacións 2023,
Maio Mariñeiro Embarcación Xiana
- 1º premio en Coroa e 2º en construción para o Maio Mariñeiro
- Tres 3º premios para a embarcación Xiana en: letra, intrepretación e construcción.
- Premio especial en recoñecemento no seu labor ao noso profesor José Antonio.
Grazas tamén ao profesor Ramón
pola súa aportación na participación da embarcación Xiana.
Agradecemento moi especial á participación da ANPA
O Maio das flores
Enviado por inesduran o Ven, 28/04/2023 - 19:01
CHEGOU O MAIO
este venres o noso colexio ulía a primavera.
Dende primeira hora da mañá fomos saíndo ao patio por cursos
para coser as flores do noso maio pequeniño.
Segue os enlaces para ver o vídeo
Coa a experiencia dos nosos profes e dos alumnos maiores,
o noso maio quedou así de bonito.
Outro ano máis a tradición volve facer protagonista á primavera,
coas melodías dos nosos nenos cantándolle ao Maio.
Podedes ler as coplas do Maio e da embarcación Xiana
A clase de 3º tamén ensaiou e cantou as súas coplas
para lle dar a benvida ao maio florido
Xa chegou o Maio
Enviado por inesduran o Mér, 26/04/2023 - 23:42Os Maios da Ascensión
Enviado por josean o Sáb, 28/05/2022 - 21:54"A Biblioteca Escolar ten a palabra" e recupera unha antiga tradición do mundo dos maios, desaparecida dende o ano 1954, a de saír ademais do día 1 de Maio, o xoves da Ascensión
Maio 2022. Recompilación do traballado para a celebración dos Maios.
Enviado por Anónimo o Ven, 13/05/2022 - 19:19Como todos os anos traballamos a nosa tradición dos Maios e Embarcacións da vila de Marín. Este ano máis que nunca fixemos noso o lema proposto polas Bibliotecas: " A Biblioteca Escolar ten a palabra".
O Maio de 4º de primaria
Enviado por Menchi o Dom, 01/05/2022 - 16:49Os nenos/as de cuarto escribimos o noso maio para celebrar esta festa; a continuación, deíxovos unha imaxe interactiva onde se clicades enriba podedes ver a letra do maio, as fotos ou os videos dos nenos/as cantando. Uns artistas!!!
Coplas de Maios 2022
Enviado por josean o Mar, 26/04/2022 - 21:04Este ano, o tempo botousenos enriba, e tivemos que botar man de xente tan experta no mundo dos maios como o profe Ramón Pastoriza, que nos escribiu unha fermosa copla para un dos barcos; pero ollo os nenos xa están empezando a facer a copla do ano que vén, e vanna rematar a primeiros de maio.
Aqui tedes as coplas coas que imos baixar este ano á Marín:
FAI A TÚA COPLA de MAIO
Enviado por josean o Mar, 26/04/2022 - 16:07Se ademais de elaborar a túa maqueta de Maio e do traballo que fagamos sobre a festa nas aulas, nos queres mandar a túa copla personal, estaremos encantados de publicala na nosa páxina web e incluíla na exposición que o Ateneo promove no Museo Torres.
Pídesennos que teñan, como o ano anterior, 5 ou 6 estrofas.
Podedes mandala a cepsequelo@gmail.com e como tódolos anos deixámosvos este manual que nos guía na realización dunha copla de maio coherente e ben estructurada.
Maio Larpán
Enviado por josean o Mar, 04/05/2021 - 00:32Hai algúns que parece que naceron para isto, papillo de Maio de Rúa do maio Larpán do Sequelo, produto do Taller de Coplas
Taller de Coplas de Maio
Enviado por josean o Lun, 03/05/2021 - 23:56Como tódolos anos sacamos adiante o noso Taller de coplas de Maio de onde sacamos adiante en tódolos cursos, unha porrada delas e das que sacamos, as que logo configurarán aquela que cantaremos o primeiro de Maio en Marín.
O fondo do vídeo é moi especial: son os nosos maiores de hai uns anos xa, cantando o que recordaban de nenos. A súa voz reforza a forza transmisora dunha celebración na que participaron coma nós os nosos devanceiros e a cadea segue intacta
Cantamos os maios (I)
Enviado por josean o Lun, 03/05/2021 - 22:51Malia todalas complicacións e dificultades que supuxo a pandemia, e que somos conscientes que facelo fóra do día 1, é un mísero remendo do que ten que ser, non podiamos pasar sen cantar e tan ben como o fixeron os nenos de 6º A
Os nosos armazóns
Enviado por josean o Lun, 03/05/2021 - 22:27Foi unha mágoa, que non puidesemos cumprir coa tradición, e saír cantar o día Primeiro de Maio a Marín, que ese é e non outra a verdadeira TRADICIÓN dos Maios. Polo menos co esforzo de todos, alumnos e pais, conseguimos sacar adiante dous espectaculares armazóns e a nosa Xiana que sempre está presente
Coplas de Maio 2021
Enviado por josean o Lun, 03/05/2021 - 22:20As coplas de Maio e Embarcación que presentamos ao concurso de Santa Cecilia, non son máis co compendio do potente traballo que realizaron os nenos no Obradoiro de Coplas que levamos avante en tódolos cursos. Aqui aparecen recollidas estrofas das coplas dos alumnos de 6º
Embarcación Xiana 2021
Enviado por josean o Lun, 03/05/2021 - 22:10Moito valor había que ter para sen ensaiar facer viable a copla que presentamos ao concurso de Maios este ano. Fixeron máis coplas de barco e tiñan que amosar que eran cantables, a partir da melodía da Carroza triunfal que saíu en 1954.