Radio escolar
Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (IX)
Enviado por josean o Dom, 09/06/2024 - 08:47Na parroquia de Mogor, no lugar das Sete Espadas, cada ano polo 26 de Xullo levase a cabo a festa das Sete Espadas e de Santa Ana. En tempos nos arredores da pequena igrexa que alí hai, celebrábase unha importante romaría.
Fixádevos, como apunta Mateo de 5º, o xeito en que se vendían no afastado 1960 as rosquillas nas romarías galegas.
Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (VIII)
Enviado por josean o Dom, 09/06/2024 - 07:14Para esta recollida do patrimonio Inmaterial non todas as fotos que nos mandedes teñen que ser de Marín, como no caso de Alonso de 5º, poden ser doutros lugares de Galicia onde teñades a vosa orixe. No caso de Alonso é en Cotobade no ano 1954.
Poesía na beira
Enviado por josean o Dom, 09/06/2024 - 00:16Cada vez ímonos achegando máis a poder facer programas en directo con case pouca postproducción posterior, como é o caso deste primeiro "Poesía na beira", do que esperamos que veñan moitos máis. Hoxe cunha invitada moi especial a poesía de Curros Enríquez.
Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (VII)
Enviado por josean o Dom, 02/06/2024 - 12:30Os nosos maiores, sempre, malia a que súa vida careceu das comodidades que ten a nosa, atoparon tempo para a diversión compartida. Neste caso, en 1953, os bisavós de Nicolas Fernández García, de Infantil foran á romaría da Franqueira cuns amigos.
Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (V)
Enviado por josean o Mar, 28/05/2024 - 21:51Continuannos chegando dende as familias fotos que nos retrotraen a outros momentos da historia da vila de Marín hoxe xa desaparecidos. Neste intre é Alba Castro Martínez, a que comparte connosco esta foto de 1948 dos seus bisavós na romaría que nas inmediacións do Pazo da Raña se celebraba cada ano por San Pedro.
Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (IV)
Enviado por josean o Mar, 28/05/2024 - 00:14Seguen chegando fotos das casas para Ponte nas Ondas. Desta vez tratase dunha foto do avó de Roberto Santos Pol e nela está o xénese dunha coñecida comparsa marinense, o Xarángallo Mángallo en 1961, nunha divertida marcha ciclista.
Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (III)
Enviado por josean o Dom, 12/05/2024 - 16:11A foto máis antiga que nos trouxeron das casas e esta de 1931 que a familia de Elsa Sanjorge Pesqueira de 2º conservaba colgada na parede da casa familiar da Veiguiña
Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (II)
Enviado por josean o Dom, 12/05/2024 - 16:00Adriana Cambeiro de 4º tróuxonos esta estupenda foto de 1954 que tiña na súa casa e este é o podcast que fixo a partir dela.
Visita de Luís Davila, "O Bichero"
Enviado por inesduran o Ven, 26/04/2024 - 20:55Recollida de Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas
Enviado por josean o Dom, 17/03/2024 - 13:25Este ano imos participar dende a Radio Tuxiña co Proxecto Ponte nas Ondas no Certame “As imaxes do patrimonio” destinado aos centros educativos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal constitúe un exemplo de transmisión do patrimonio cultural inmaterial ás novas xeracións realizada a través da escola que serve de ponte entre as familias, comunidades portadoras, e o ensino formal.
Importante que as fotos que nos traiades SEXAN ORIXINAIS e de antes dos anos 70.
Como temos alumnado de distintas orixes, invitámolos tamén a que nos traian fotos do patrimonio cultural do seu país de orixe.
Como exemplo do que se pretende que sexa esta recolleita, deixámosvos o que fixo Darío Pereira Omil de 5º, cunha foto que lle cedeu o seu avó.
Entrevista á profe Laura Rial
Enviado por josean o Lun, 26/02/2024 - 01:20Sophie, María, Alba, Ainhara, Diego Soaxe, María e Leire entrevistan á profe Laura e descubren o motivo que a levou a querer ser mestra.
Curiosidades Animais (II)
Enviado por josean o Xov, 22/02/2024 - 00:45Un pouco de efecto aparecer, outro pouco de esvaecer, cortar, mover separar e un moito de autoduck foron os trucos necesarios para crear este podcast por medio do Audacity. Moitos dos nosos alumnos non o conseguiron, outros quedaron a medio camiño con uns pouquiños erros pero xa hai algúns coma este, que conseguiron editar o programa de radio dun xeito moi digno. En pouco todos van facelo asi, dos erros e con sacos de paciencia e como se aprende.
Curiosidades animais
Enviado por josean o Mar, 20/02/2024 - 01:21En Ciencias Naturais os alumnos de 5º estivemos traballando o tema dos animais e como estabamos mergullados no Proxecto Documental sobre o río Lameira, aprendimos algunhas cousas curiosas sobre a anguía, o animal que eliximos, pero ademais aprendimos estoutras cousas sobre outros animais. Curiosidades en Radio Tuxiña
Entrevistas na beira: "O enterro da sardiña"
Enviado por josean o Xov, 08/02/2024 - 21:49Dende polo menos 1882 vense celebrando en Marín o Enterro da Sardiña. O enterro da Sardiña é unha celebración que marca por toda España o final do Entroido urbán e que ten lugar o Mércores de Cinza, pero o Enterro en Marín ten unhas peculiaridades que o fan diferente. O pobo de Marín, mariñeiro, desde ás súas orixes soubo adaptalo á súa realidade, con ladanía e música de seu; música que aparece no podcast.
Quen máis sabe do Enterro é Celso Méndez Fraguas, por telo vivido dende que recomezou a súa andadura en 1976 e como os nenos de 5º querían saber do seu Enterro da Sardiña, quen mellor.
Entrevista na beira III: Montse Ogando
Enviado por josean o Xov, 21/12/2023 - 01:51Pola nosa radio pasa unha mestra que se incorpora este ano ao noso centro é que dá en quinto música e Plástica. Se queredes saber máis dela estade atentos a esta entrevista na beira.
Entrevistas na beira II: "Entrevista ao río Lameira"
Enviado por josean o Xov, 16/11/2023 - 22:18Hoxe e sen mollarnos como ten por costume, achegouse polo noso cole o Sr. Río Lameira e contoulles cousas moi interesantes da súa vida, aos curiosos reporteiros de 5º.
O traballo da escaleta está inspirado nunha historia de Gianni Rodari, "Brif, bruf, braf", do libro Contos por teléfono que os nenos están lendo.
Entrevistas na beira
Enviado por josean o Lun, 06/11/2023 - 11:39Neste primeiro "Entrevistas na Beira"... do río Lameira os nenos de 5º entrevistan para a Radio Sequelo á nova presidenta da ANPA Aidón que lles conta cousas moi interesantes.
A pantasma que non daba medo.
Enviado por Miguel o Dom, 05/11/2023 - 22:10Os nenos de 2º grabamos na radio escolar un dos contos que fixemos co gallo do Samaín. Esperamos que vos guste.
Medo na noite (IV)
Enviado por josean o Dom, 05/11/2023 - 13:24En Silleda, hai unha ponte construída polo mesmísemo demo, a petición dos monxes do Mosteiro de Carboeiro.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »