PLAMBE
Exposición cabazas
Enviado por Ruth o Mér, 30/10/2024 - 09:52Grazas a todas as familias por colaborar na decoración do Samaín con estas fantásticas cabazas!!
Exposición cabazas de Ruth PT
NA ERMIDA DE SAN SIMÓN
Enviado por josean o Xov, 20/06/2024 - 23:26Como podiamos ir á Illa de San Simón e non pasar pola Ermida onde Mendiño compuxo no s. XIII a máis célebre das súas cantigas e alí diante de San Simón recitalas, polo menos un anaco.
Debate na beira
Enviado por josean o Dom, 09/06/2024 - 23:07O noso primeiro debate, cheo de erros tanto técnicos como estruturais, mais cremos firmemente no valor educativo dos erros; o contrario para unha primeira vez ata sería contraproducente.
Que mellor lugar para un debate sobre un tema tan de moda entre os alumnos do noso colexio coma o céspede artificial que a sala de mestres.
IA á beira do Lameira
Enviado por josean o Dom, 09/06/2024 - 12:32Mais que traballar a Intelixencia Artificial, do que se tratou é de mellorar cos nenos dende a Expresión Escrita a "Descripción". Canto mellor estaba feita a descripción do que eles querían que aparecese no cartel, mellor entendía Ideogram o que se pretendía, que tal é a ferramenta AI que usaron, e mellor xeraba as imaxes.
A actividade, pensada para o 1º de Abril, tiña como obxectivo secundario o profundizar nas mensaxes publicitarias, por iso se tentou de dar un significado ambiguo e aberto ás mesmas, que fosen os lectores, os que sacaran a súa propia mensaxe...
Como non foi posible o 1º de Abril, o 5 de Xuño, día do Medio Ambiente, era unha data axeitada
Para poder velo en pantalla completa preme no video esta icona
Por Narises
Enviado por josean o Dom, 09/06/2024 - 11:35"Por Narises" está pensado para levar ao Certame Ai Mosa, de Moaña. Baseado nun vello conto popular galego do que con anterioridade xa fixeramos unha curta, hai anos. Esta curta é por tanto, en toda regra, un remake.
Gravada á beira do Río Lameira e a carón do muíño do Sequelo, grazas á amabilidade do señor José, que nos deixou a leira anexa para gravar. Ás agrícolas ferramentas foron aportadas por María a coidadora e Laura, a profe de AL.
Agora temos que traballar sobre ela para ver de analizar o Raccord e a montaxe, para futuros proxectos.
AI MOSA
Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (IX)
Enviado por josean o Dom, 09/06/2024 - 08:47Na parroquia de Mogor, no lugar das Sete Espadas, cada ano polo 26 de Xullo levase a cabo a festa das Sete Espadas e de Santa Ana. En tempos nos arredores da pequena igrexa que alí hai, celebrábase unha importante romaría.
Fixádevos, como apunta Mateo de 5º, o xeito en que se vendían no afastado 1960 as rosquillas nas romarías galegas.
Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (VIII)
Enviado por josean o Dom, 09/06/2024 - 07:14Para esta recollida do patrimonio Inmaterial non todas as fotos que nos mandedes teñen que ser de Marín, como no caso de Alonso de 5º, poden ser doutros lugares de Galicia onde teñades a vosa orixe. No caso de Alonso é en Cotobade no ano 1954.
Poesía na beira
Enviado por josean o Dom, 09/06/2024 - 00:16Cada vez ímonos achegando máis a poder facer programas en directo con case pouca postproducción posterior, como é o caso deste primeiro "Poesía na beira", do que esperamos que veñan moitos máis. Hoxe cunha invitada moi especial a poesía de Curros Enríquez.
X Certame de Relato Curto das Fanpas de Pontevedra
Enviado por josean o Ven, 07/06/2024 - 14:17Tódolos anos temos a sorte que algún dos nosos alumnos estea, cando menos, entre os finalistas deste prestixioso certame provincial para nenos. Este ano o elixido foi Darío Pereira Omil, polo seu relato "Una tarde calquera".
Aquí tedes ao noso alumno co diploma, e o que é máis importante co libro onde aparece o seu relato.
Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (VII)
Enviado por josean o Dom, 02/06/2024 - 12:30Os nosos maiores, sempre, malia a que súa vida careceu das comodidades que ten a nosa, atoparon tempo para a diversión compartida. Neste caso, en 1953, os bisavós de Nicolas Fernández García, de Infantil foran á romaría da Franqueira cuns amigos.
Obradoiro de Cine: Planos (I)
Enviado por josean o Sáb, 01/06/2024 - 19:02No noso obradoiro de linguaxe audiovisual o primeiro que fixemos é traballar cos planos segundo a posición que ten a cámara con respecto aos actores.
Os planos que aquí aparecen son o NADIR, CENITAL, CONTRAPICADO E PLANO NORMAL.
1. Poderiades dicir cal é cal?
2. Que plano de situación falta?
Hai un "plano intruso", pois non é de situación....
3. Poderiades dicir como se chama esoutro plano?
a)
b)
c)
d)
e)
Campións de Xadrez: II Torneo 2023-24
Enviado por xose o Sáb, 01/06/2024 - 09:43Xa temos aos gañadores do último torneo de xadrez deste curso:
Primeiro: Zaid, de 6º curso
Segundos: Martín de 5º curso e Martín de 2º curso.
E noraboa a todos os participantes! Esperámosvos o vindeiro curso!
As palabras máis fermosas
Enviado por josean o Sáb, 01/06/2024 - 07:48Unha actividade promovida polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega para que celebrando o día das Letras galegas nos decatemos do tesouro que encerra a nosa lingua. Unha vez coñecida a técnica para a producción de chapas foron en cadea. O difícil foi escoller unha palabra entre o rico léxico do galego, o de plasmalas non tanto, porque contamos cuns auténticos artistas.
O río que quería ser humano
Enviado por josean o Mér, 29/05/2024 - 21:11Non só traballamos a Banda Deseñada ao uso antigo (lapis, goma, rotulador...) tamén utilizamos as novas tecnoloxías como é o caso desta historieta que dentro do noso Proxecto Integrado deste ano "O noso Lameira, un río de vida" levamos adiante dende a ferramenta dixital MakeBeliefsComix.org
Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (V)
Enviado por josean o Mar, 28/05/2024 - 21:51Continuannos chegando dende as familias fotos que nos retrotraen a outros momentos da historia da vila de Marín hoxe xa desaparecidos. Neste intre é Alba Castro Martínez, a que comparte connosco esta foto de 1948 dos seus bisavós na romaría que nas inmediacións do Pazo da Raña se celebraba cada ano por San Pedro.
Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (IV)
Enviado por josean o Mar, 28/05/2024 - 00:14Seguen chegando fotos das casas para Ponte nas Ondas. Desta vez tratase dunha foto do avó de Roberto Santos Pol e nela está o xénese dunha coñecida comparsa marinense, o Xarángallo Mángallo en 1961, nunha divertida marcha ciclista.
Traballamos a Banda Deseñada con Palop
Enviado por josean o Lun, 27/05/2024 - 22:32Na época dourada do cómic infantil para nenos os dous centros por antonomasia do cómic español foron Barcelona coa Editorial Bruguera e Valencia ao redor da Editorial Valenciana. Desta última escola de historietistas proviña José María Palop Gómez, máis coñecido como "Palop"
Concurso escolar de debuxo "Los Cereales"
Enviado por josean o Lun, 27/05/2024 - 06:30O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), promoveu, coa colaboración de diversas entidades, o concurso escolar de debuxo “Os cereales”, no marco do “Ano Internacional do Millo Miúdo”, declarado pola Organización Nacional das Nacións Unidas. Neste concurso participaron os nosos alumnos cara ao primeiro trimestre, pero foi agora cando chegaron os diplomas aos premiados. Un traballo realizado dende a aula de plástica.
Concurso: E ti que pensas da igualdade?
Enviado por josean o Lun, 27/05/2024 - 06:21Estes son tódolos traballos presentados a concurso da Deputación onde tivemos a sorte de ser premiados cunha tira de Noelia García del Río.
Manoli farmacéutica
Enviado por josean o Lun, 27/05/2024 - 06:12"Manoli farmacéutica" non é outra cousa que a actualización da personaxe histórica de Manuela Barreiro en forma de tira de banda deseñada. Manuela Barreiro foi elexida como a persoa a quen homenaxear este ano polo 8-M. A técnica de cor utilizada é tipica nas produccións de Bruguera ata os anos 70, o bicolor, neste caso cun color inusual naquelas produccións como é o MORADO.