Plan Dixital

O CEP Sequelo participa no proxecto Abalar e EDIXGAL desde o curso académico 2013-2014. Actualmente participan neste proxecto as aulas de 5º e 6º cursos de primaria. Os alumnos dispoñen de ordenadores portátiles na aula e teñen acceso á plataforma EVA para consultar libros dixitais e outros recursos elaborados polo profesorado.

Edixgal

 
  
         

Exposición cabazas

Grazas a todas as familias por colaborar na decoración do Samaín con estas fantásticas cabazas!!

Exposición cabazas de Ruth PT

 

Calculadora Culé

Preme B para que che fale Ronald Araujo. Se lle das dous números SUMARACHOS e darache o resultado correcto.

Preme A para que che fale Lamine Yamal. Se lle das dous números RESTARACHOS e darache o resultado correcto

Preme C para que che fale Raphinha.  Se lle das dous números MULTIPLICARACHOS e darache o resultado correcto.
 
Preme ESPAZO para que che fale Rober Lewandowski. Se lle das dous números DIVIDIRACHOS e darache o resultado correcto e mailo RESTO.

Debate na beira

O noso primeiro debate, cheo de erros tanto técnicos como estruturais, mais cremos firmemente no valor educativo dos erros; o contrario para unha primeira vez ata sería contraproducente.

Que mellor lugar para un debate sobre un tema tan de moda entre os alumnos do noso colexio coma o céspede artificial que a sala de mestres.

IA á beira do Lameira

Mais que traballar a Intelixencia Artificial, do que se tratou é de mellorar cos nenos dende a Expresión Escrita a "Descripción".  Canto mellor estaba feita a descripción do que eles querían que aparecese no cartel, mellor entendía Ideogram o que se pretendía, que tal é a ferramenta AI que usaron, e mellor xeraba as imaxes.

A actividade, pensada para o 1º de Abril, tiña como obxectivo secundario o profundizar nas mensaxes publicitarias, por iso se tentou de dar un significado ambiguo e aberto ás mesmas, que fosen os  lectores, os que sacaran a súa propia mensaxe...

Como non foi posible o 1º de Abril, o 5 de Xuño, día do Medio Ambiente, era unha data axeitada

Para poder velo en pantalla completa preme no video esta icona 

 

Por Narises

"Por Narises" está pensado para levar ao Certame Ai Mosa, de Moaña.  Baseado nun vello conto popular galego do que con anterioridade xa fixeramos unha curta, hai anos.  Esta curta é por tanto, en toda regra, un remake.

Gravada á beira do Río Lameira e a carón do muíño do Sequelo, grazas á amabilidade do señor José, que nos deixou a leira anexa para gravar. Ás agrícolas ferramentas foron aportadas por María a coidadora e Laura, a profe de AL.

Agora temos que traballar sobre ela para ver de analizar o Raccord e a montaxe, para futuros proxectos.

AI MOSA 

Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (IX)

Na parroquia de Mogor, no lugar das Sete Espadas, cada ano polo 26 de Xullo levase a cabo a festa das Sete Espadas e de Santa Ana.  En tempos nos arredores da pequena igrexa que alí hai, celebrábase unha importante romaría.

Fixádevos, como apunta Mateo de 5º, o xeito en que se vendían no afastado 1960 as rosquillas nas romarías galegas.

 

Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (VIII)

Para esta recollida do patrimonio Inmaterial non todas as fotos que nos mandedes teñen que ser de Marín, como no caso de Alonso de 5º, poden ser doutros lugares de Galicia onde teñades a vosa orixe.  No caso de Alonso é en Cotobade no ano 1954.

Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (VII)

Os nosos maiores, sempre, malia a que súa vida careceu das comodidades que ten a nosa, atoparon tempo para a diversión compartida. Neste caso, en 1953, os bisavós de Nicolas Fernández García, de Infantil foran á romaría da Franqueira cuns amigos.

 

Obradoiro de Cine: Planos (I)

No noso obradoiro de linguaxe audiovisual o primeiro que fixemos é traballar cos planos segundo a posición que ten a cámara con respecto aos actores.

Os planos que aquí aparecen son o NADIR, CENITAL, CONTRAPICADO E PLANO NORMAL. 

1.  Poderiades dicir cal é cal?

2. Que plano de situación falta?

 

Hai un "plano intruso", pois non é de situación....

3. Poderiades dicir como se chama esoutro plano?

a)

b)

c)

d)

e)

As palabras máis fermosas

Unha actividade promovida polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega para que celebrando o día das Letras galegas nos decatemos do tesouro que encerra a nosa lingua. Unha vez coñecida a técnica para a producción de chapas foron en cadea.  O difícil foi escoller unha palabra entre o rico léxico do galego, o de plasmalas non tanto, porque contamos cuns auténticos artistas.

O río que quería ser humano

Non só traballamos a Banda Deseñada ao uso antigo (lapis, goma, rotulador...) tamén utilizamos as novas tecnoloxías como é o caso desta historieta que dentro do noso Proxecto Integrado deste ano "O noso Lameira, un río de vida" levamos adiante dende a ferramenta dixital MakeBeliefsComix.org

U-los Mariñeiros de Marín?

É a nosa filosofía colaborar, sempre que poidamos, con toda aquela organización cultural do noso municipio e no que nos toca, especialmente cunha que tenta preservar o legado mariñeiro da nosa vila.  Así cando o Museo do Mar organizou o Certame de Curtas de Cine do Mar non o pensamos dúas veces e preparamos este vídeo con tal fin.  Agradecidos pola distinción que nos fixeron, pero con ela ou sen ela seguiriamos participando por transmitir con eles o legado mariñeiro da vila.

 

Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (III)

A foto máis antiga que nos trouxeron das casas e esta de 1931 que a familia de Elsa Sanjorge Pesqueira de 2º conservaba colgada na parede da casa familiar da Veiguiña

 

Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (II)

Adriana Cambeiro de 4º tróuxonos esta estupenda foto de 1954 que tiña na súa casa e este é o podcast que fixo a partir dela.

 

CONCURSO DE MAIOS

Como cada ano, o 1º de Maio estivemos onde tiñamos que estar, sendo un centro educativo de Marín, na vila cantando o Maio e os ventos foron favorables.

COPLAS DO 1º DE MAIO

Agora, xa pasado, o periodo de venta á vontade, podemos publicar as coplas deste ano. Sen dúbida algunha a máis interesante a do maio, fabricada polos alumnos de 5º no noso Obradoiro de coplas de Maio e que foi recompensada co primeiro premio no Concurso.

 

U-los Mariñeiros

Aquí están os Mariñeiros de Marín, os que sosteñen unha cultura en vías de extinción.  Estas son as familias mariñeiras de Marín.  Un vídeo traballado para presentar no I Certame do Mar do Museo de Marín.

Videopoema "Somos un"

Poema colectivo, a partir dunha tormenta de ideas sobre o ciclo da vida e a igualdade, plasmado logo en poema por Issam de 5º.

 

Distribuir contido

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.