COMEZA O ENTROIDO
E o bo de ter compañeiros estupendos do Oriente galaico, que os podes explotar sen unha pinga de vergonza. Así a profe Susana trouxonos estes tres traxes espectaculares de pantalla, peliqueiro e vergalleiro; e explicoulles aos rapaces moi ben explicado como é un Entroido como ten que ser. Faltou un dos piares básicos (o papar) pero polo demais os rapaces meteronse na pel destas tres personaxes do Entroido ourensán. Nos coma o ano pasado fixemos coa profe Alba Garrido Vidueira e os folións de Viana do Bolo, aproveitamos para que os rapaces coñezan do mellor xeito posible a nosa cultura, a gran descoñecida en Galicia. Sabemos moito dos costumes dos Lakota, Iroqueses, Chineses.... mais da nosa: gaiteros, pandereteras, botafumeros e pulpo a la feria
E este é o espectacular cartel cos nenos de 5º fixeron para anunciar o Noso Obradoiro de Filloas
Enviar un comentario novo