FOLLAS DE MAIO E MICROALGAS
Na prensa apareceu estes días que por efecto da subida da temperatura das augas, as follas de maio, unha alga marrón que forma bosques submarinos no fondo das rías e que se podía ver na "Rocha do Sal" en Portocelo está desaparecendo. Rápidamente contactamos cos pais tan estupendos que temos que nos puxeron en contacto cun científico marinense que aparte de falarnos deste problema das algas, contounos do seu traballo no grupo de investigación do que forma parte na Universidade de Vigo, traballo que se centra nas utilidades futuras das microalgas. Polo camiño descubrimos que Diego Moldes Moreira fora alumno do noso colexio, e aprendimos ademais que outras algas "as carriolas", esas cintas marróns tan delgadas que arrastran os temporais a praia eran as responsables daquilo que os teus pais che dicían: "ata San Xoán non te bañes que as aghuas non purgharon", que o bocho era un perfecto abono e que "a partir de mañá xa non paga a pena botarlle gasoil ao coche, mamá, que van ir con aceite de algas"
Enviar un comentario novo