VISITA DE ANA ALONSO
Os nenos de cuarto de Primaria recibiron o venres 22 de marzo a visita da escritora Ana Alonso, coa que estiveron falando do seu libro "El palacio subterráneo". A autora amablemente contestou a todas as súas preguntas e asinou exemplares do devandito libro.
Ana Alonso residiu durante a meirande parte da súa vida en León. Licenciada en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de León e amplia os seus estudos en Escocia e París. Ten publicado oito poemarios e, entre outros, recibiu o Premio de Poesía Hiperión (2005) e o Premio Ollo Crítico de Poesía (2006)
Escritora, traductora, bióloga e profesora de secundaria, Ana Alonso destacou, ademais de polos seus libros de literatura xuvenil, pola súa incursión na poesía, obtendo un acesit no premio adonais 2003.
Enviar un comentario novo